Somos Paisaxe | Diagnóstico da situación socioeconómica e territorial en Galicia
 

Diagnóstico da situación socioeconómica e territorial en Galicia

19 Nov Diagnóstico da situación socioeconómica e territorial en Galicia

O diagnóstico da situación socioeconómica e territorial de Galicia permite obter información relevante para detectar as necesidades existentes na Comunidade Autónoma. Os Programas Operativos deben ter en conta estas carencias para deseñar a futura estratexia do período 2014-2020, é moi importante a análise en profundidade das devanditas carencias así como das necesidades para conseguir un enfoque coherente para o impulso do crecemento en Galicia e orientar o deseño das actuacións de forma que permitan impulsar o crecemento da rexión.

Desta forma, tanto as prioridades estratéxicas como as principais liñas de actuación deben estar baseadas nun diagnóstico exhaustivo da realidade rexional que permita diferenciar os problemas conxunturais dos estruturais así como aqueles aspectos que supoñan un freo importante para o desenvolvemento económico de Galicia.

Así, este diagnóstico ha de ter en conta unha serie de compoñentes fundamentais como son, entre outros, os demográficos, o mercado de traballo, o tecido empresarial, infraestruturas, medio ambiente, cambio climático e o desenvolvemento da investigación, desenvolvemento e innovación así como as novas tecnoloxías da información e comunicación de forma que poida vincularse inequivocamente aos ámbitos de programación dos Fondos Estruturais 2014-2020.

Documento de análise baseada en aspectos estatísticos e fontes oficiais – descarga pdf.

Aportacións

Aportacións



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas e mellor experiencia de uso e navegación. Se continúas a navegar das o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, fai click no enlace para máis información. ACEPTAR