05 Dic Na busca da paisaxe cultural do futuro
Programa en Radio Cerna
Cal é a paisaxe que represente a identidade dos galegos e das galegas no futuro? Esta cuestión é a que se intentará definir nas VI xornadas da paisaxe cultu ral do Noroeste organizadas pola Deputación da Coruña. Trátase de dar pasos na regulacion da paisaxe en Galiza e de establecer unha metodoloxía da «integración paisaxística» das actividades humanas. Pero, en que casos é posible esta integración na paisaxe?