Somos Paisaxe | Sobre o valor do espazo público
 

Sobre o valor do espazo público

09 Ene Sobre o valor do espazo público

Artigo de  Celia López-Santos na Revista Kardo


 

“¡Barrios en acción! ¡El vecindario está en la plaza!”. Así soaba a proclama dos veciños de Lavapiés, proclama que viña acompañada doutro motivo claro e directo: “Porque juntos somos barrio, pero nunca nos juntamos”. Comecemos por darlles a razón.

É certo que juntos somos barrio, así como rúa, e praza, e urbe; porque a chamada cidade non se sostén nunha realidade, senón nunha pretensión, nun permanente xogarse, nun pensarse, nun dicirse a si mesma e nun refundarse, virtual e perpetuo. Nesta danza co noso entorno humano -físico e urbano-, aprendemos sobre e a través da comunidade. Mais a comunidade precisa dunha trama na que poder expresarse como o que é: pura pretensión. Esta trama é o “o espazo público”, o punto no que conflúe o “eu” e o “outro” nunha sorte de rituais sociais preservados pola identidade co grupo ou co “todo”. Tendemos a construír un ente cultural máis ou menos homoxéneo, fronte ao desconcerto que nos provoca aquilo que existe máis alá do coñecido e que devén ameaza.

Agora ben, tamén é certo que nunca nos juntamos. Que o ser humano tendeao social é algo tan sinxelo de comprobar como a nosa necesidade de respirar. Ambas son condicións inherentes mais, mentres que ninguén nos alerta da segunda, sentimos que cabe amosar que houbo un día no que o espazo público eramos nós, e nós eramos espazo público. Mais ese ser no espazo público implica estar no espazo público, isto é, atoparse nel, permanecer nel, vivir e facer cousas nel, e hoxe na maior parte dos casos o espazo público está a ser relegado ao mero tránsito.

Ler artigo completo

Aportacións

Aportacións



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas e mellor experiencia de uso e navegación. Se continúas a navegar das o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, fai click no enlace para máis información. ACEPTAR