Somos Paisaxe | Chairas e Fosas Luguesas – Catálogo das Paisaxes de Galicia
 

Chairas e Fosas Luguesas – Catálogo das Paisaxes de Galicia

19 Feb Chairas e Fosas Luguesas – Catálogo das Paisaxes de Galicia

Esta Grande Área Paisaxística (GAP) ocupa parcial ou totalmente os con- cellos de Xermade, Vilalba, Abadín, A Pastoriza, Guitiriz, Begonte, Cospei- to, Castro de Rei, Pol, Meira, Friol, Outeiro de Rei, Rábade, Lugo, Castro- verde, Palas de Rei, Guntín, O Corgo, Baralla, Monterroso, Portomarín, O Páramo, Láncara, Baralla, Taboada, Chantada, Carballedo, Paradela, Sarria, Samos, O Incio, Bóveda, Pantón, Monforte de Lemos, A Pobra de Brollón, O Saviñao e Sober. Para os efectos da catalogación subdivídese en catro comarcas paisaxísticas: Terra Chá, Lugo, Terra de Chantada e Sarria-Terra de Lemos. As descricións apóianse nas comarcas paisaxísticas para poder abordar correctamente a grande área que ocupan.

A área paisaxística Chairas e Fosas Luguesas con gura unha extensa su- per cie de case 456.000 ha, o que representa o 15 % da super cie conti- nental de Galicia. Nesta extensa super cie abránguense diferentes situa- cións, incluíndo grandes chairas e vales interiores do interior da provincia de Lugo, así como as serras que os rodean. Deste xeito, esta área queda delimitada ao norte polas serras setentrionais de Galicia (Serra do Xistral, Serra da Carba), ao oeste polas serras da Dorsal Galega (Serra da Loba, Cordal de Montouto, Serra da Cova da Serpe, Montes do Corno do Boi, Montes da Vacariza, Serra do Faro), ao sur polos vales do Miño e do Sil, e polo leste coas bocarribeiras das serras orientais de Galicia. O núcleo da área confórmano as chairas e depresións da Terra Chá e da comarca de Lugo, ás que se lles asocia polo sur, polas características do relevo, un perímetro irregular en forma de pinza que deslinda a zona de chairas respecto do dominio do val do Miño.

Aportacións

Aportacións



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas e mellor experiencia de uso e navegación. Se continúas a navegar das o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, fai click no enlace para máis información. ACEPTAR