Somos Paisaxe | Chairas, Fosas e Serras Ourensás – Catálogo das Paisaxes de Galicia
 

Chairas, Fosas e Serras Ourensás – Catálogo das Paisaxes de Galicia

22 Feb Chairas, Fosas e Serras Ourensás – Catálogo das Paisaxes de Galicia

Para os efectos da catalogación paisaxística subdivídese en cinco comar- cas paisaxísticas: Baixo Arnoia, Alto Arnoia, Baixa Limia, Alta Limia e Verín. A comarca Baixo Arnoia ocupa parcial ou totalmente os concellos de Pa- drenda, Pontedeva, Cortegada, Gomesende, Cartelle, Ramirás, A Merca, A Bola, Verea e o norte de Bande. A comarca Alto Arnoia abrangue partes dos concellos de Allariz, Xunqueira de Ambía, Baños de Molgas, Maceda, Esgos, Xunqueira de Espadañedo, Montederramo, Castro Caldelas, Vilar de Barrio e Laza. A comarca Baixa Limia ocupa parcial ou totalmente os concellos de Entrimo, Lobios, Lobeira, Muíños e sur de Bande. A comar- ca Alta Limia ocupa aproximadamente os concellos de Rairiz de Veiga, A Porqueira, Calvos de Randín, Vilar de Santos, Sandiás, Xinzo de Limia, Sarreaus, Trasmiras, Os Blancos, Baltar e parte de Xunqueira de Ambía, Vilar de Barrio, Cualedro e Laza. A comarca Verín ocupa os concellos de Monterrei, Oímbra, Verín e parcialmente Cualedro, Castrelo de Val e Laza. A Grande Área Paisaxística (GAP) Chairas, Fosas e Serras Ourensás con – gura unha heteroxénea e extensa super cie de algo menos de 285.000 ha, o que equivale a case o 10 % do territorio continental galego. Esta área paisaxística recolle os territorios máis centrais e suroccidentais da provincia de Ourense. A delimitación meridional segue o contorno da fronteira con Portugal, dende a Serra do Laboreiro ata a das Travesas ao leste do val de Monterrei. A setentrional arranca dende a Serra do Agui- llón, segue a divisoria norte das augas do val do Arnoia ata os montes da Terra de Caldelas, continúa pola divisoria sur do val do Sil ata a Serra do Burgo e toma dirección sur polas serras de San Mamede e O Fial das Corzas ata a das Travesas.

Ler máis

Aportacións

Aportacións



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas e mellor experiencia de uso e navegación. Se continúas a navegar das o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, fai click no enlace para máis información. ACEPTAR