Somos Paisaxe | Rías Baixas – Catálogo das Paisaxes de Galicia
 

Rías Baixas – Catálogo das Paisaxes de Galicia

26 Feb Rías Baixas – Catálogo das Paisaxes de Galicia

Para os efectos da catalogación paisaxística subdivídese en sete comar- cas paisaxísticas: Muros, Arousa-Baixo Ulloa, Umia-O Salnés, Baixo Lérez, Pontevedra, Vigo Prelitoral e Vigo Litoral. A comarca de Muros ocupa par- cial ou totalmente os concellos de Muros, Outes, Negreira, Noia, Lousa- me, Rois e Porto do Son. A comarca de Arousa-BaixoUlloa colle parte de Ribeira e Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Dodro e parte de Padrón. A comarca de Umia-O Salnés inclúe os concellos de Pontecesures, Valga, Catoira, Caldas de Reis, Cuntis, Vilagarcía de Arousa, Illa de Arousa, Riba- dumia, Cambados, O Grove, Meaño, Meis, Moraña Portas, Barro e parte de Sanxenxo. O resto de Sanxenxo está na comarca de Pontevedra con Poio, Pontevedra, Marín e Bueu. Na do Baixo Lérez atópanse os concellos de Campo Lameiro, Cerdedo, Cotobade e parte de Forcarei. Dentro do Vigo Litoral atópanse Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona e Gondomar. Xa no Vigo Prelitoral están os concellos de A Lama, Ponte Caldelas, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén e parte de Beariz.

A Grande Área Paisaxística (GAP) Rías Baixas inclúe o litoral e sublito- ral atlántico do oeste de Galicia. Abrangue unha super cie de máis de 270.000 ha, que inclúe as rías atlánticas da provincia de Pontevedra, ás que se engade a ría de Muros e Noia. O límite litoral enmárcase entre Punta Carreiro en Muros ata Cabo Silleiro en Baiona. Polo interior, o seu perímetro segue aproximadamente a sucesión de elevacións do terreo e depresións dos vales que entran no interior, dende a Serra de Outes no norte, seguindo polo val do Tambre, os montes do Pedregal do concello de Rois ao interior da península do Barbanza, o val do Ulla, o Monte Xes- teiras e o Cabalar, o val do Umia, o arranque da Terra de Montes por onde chega o Lérez, a Serra do Cando, a do Suído cos cursos do Verdugo e Oi- tavén, o val de Salvaterra, a Serra do Galleiro, o val do Louro e as serras do Galiñeiro e da Groba. Resulta polo tanto unha zona que abrangue áreas propias do dominio litoral (cantís, praias, dunas, rías, marismas, etc.), dos vales sublitorais do litoral atlántico, e cara ao interior das serras galegas.

Ler máis

Aportacións

Aportacións



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas e mellor experiencia de uso e navegación. Se continúas a navegar das o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, fai click no enlace para máis información. ACEPTAR