Somos Paisaxe | Golfo Ártabro – Catálogo das Paisaxes de Galicia
 

Golfo Ártabro – Catálogo das Paisaxes de Galicia

01 Mar Golfo Ártabro – Catálogo das Paisaxes de Galicia

Esta área ocupa parcial ou totalmente os concellos de Ferrol, Narón, Neda, San Sadurniño, A Capela, Mugardos, Ares, Fene, Cabanas, Ponteceume, Monfero, A Coruña, Oleiros, Sada, Miño, Vilarmaior, Culleredo, Cambre, Ber- gondo, Paderne, Irixoa, Carral, Abegondo, Betanzos, Oza-Cesuras, Coirós e Aranga. Para os efectos da catalogación subdivídese en dúas comarcas paisaxísticas: Golfo Ártabro Litoral e Golfo Ártabro Interior.

A Grande Área Paisaxística (GAP) Golfo Ártabro sitúase no noroeste da Comunidade Autónoma, abarcando unha super cie de máis de 129.000 ha. O entorno físico do antigo magnus portus artabrorum da época clási- ca constitúe a transición, seguindo pola costa, entre Galicia Setentrional e Chairas e Fosas Occidentais, que se desenvolven polas comarcas máis occi- dentais de Galicia. Conforma unha ampla contorna xeográ ca en forma de an teatro, pechado polo achegamento das elevacións da Dorsal Galega e a prolongación pola Serra de Montemaior, describindo un arco que de ne a divisoria de augas da rede hidrográ ca que verte ás rías de Ferrol, Ares e A Coruña. Trátase por tanto dunha zona heteroxénea, dende o dominio litoral, vales sublitorais e serras que acadan algo máis de 700 m de cota.

Ler máis

Aportacións

Aportacións



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas e mellor experiencia de uso e navegación. Se continúas a navegar das o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, fai click no enlace para máis información. ACEPTAR