Somos Paisaxe | Galicia Setentrional – Catálogo das Paisaxes de Galicia
 

Galicia Setentrional – Catálogo das Paisaxes de Galicia

02 Mar Galicia Setentrional – Catálogo das Paisaxes de Galicia

Esta área ocupa parcial ou totalmente os concellos de Ferrol, Cedeira, Moeche, Narón, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño, Cariño, Cerdido, Mañón, Ortigueira, Xove, Viveiro, O Vicedo, O Valadouro, Alfoz, Mondo- ñedo, Xermade, Vilalba, Ourol, As Pontes de García Rodríguez, Muras e Abadín. Para os efectos da catalogación paisaxística subdivídese en tres comarcas paisaxísticas: Rías Altas Litorais, Rías Altas Interior e Serras e Fosas Setentrionais. A primeira agrupa todo o tramo de costa da área, a segunda está ocupada polo postpaís costeiro da provincia coruñesa e a terceira as terras da fosa das Pontes e os cursos altos dos ríos Landro e Sor coas serras que os circundan.

A Grande Área Paisaxística (GAP) Galicia Setentrional sitúase na zona norte da Comunidade Autónoma, na con uencia entre os litorais can- tábrico e atlántico e abrangue unha super cie de máis de 160.000 ha. A delimitación segue aproximadamente o percorrido que fan as Serras

da Carba, a fosa das Pontes e a bacía do río Grande de Xubia polo sur, así como as serras da Toxiza, do Xistral e do Buio polo leste (Figura 1). O resto da delimitación vén dado pola liña de costa, na que os accidentes máis característicos son as dúas rías cantábricas máis grandes (Ortigueira e Viveiro) e os cabos de Ortegal, Estaca de Bares e Prior. A parte da sin- gularidade da costa, o aspecto máis destacable é a existencia de varias serras con dirección norte-sur, que van con gurando vales uviais que drenan nas rías citadas. As máis singulares son a Serra da Faladoira, que se prolonga ata a ría do Barqueiro nas serras da Coriscada e de Solleiros, e a Serra da Capelada, que dá lugar aos acantilados máis altos da penín- sula e morre no Cabo Ortegal. Trátase por tanto dunha zona de elevada heteroxeneidade, posto que abrangue áreas propias do dominio litoral (cantís, praias, dunas, rías, marismas, etc.), vales sublitorais, así como es- tribacións montañosas que acadan os 1000 m de altitude.

Ler máis

Aportacións

Aportacións



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas e mellor experiencia de uso e navegación. Se continúas a navegar das o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, fai click no enlace para máis información. ACEPTAR