Somos Paisaxe | Entrega do Premio Somos Paisaxe 2016
 

Entrega do Premio Somos Paisaxe 2016

06 Dic Entrega do Premio Somos Paisaxe 2016

Esta pasada semana ven de se recoñecer o traballo impulsado pola Asociación Xuvenil Xuvemprende e a Fundación Blas Ponte de Outeiro de Rei polo impulso ás iniciativas premiadas nesta primeira edición do Primer Somos Paisaxe, que teñen por obxectivo protexer, coidar e poñer en valor as paisaxes de Galicia.

O proxecto gañador, Apadriña un castiñeiro –orientado a devolverlle a vida aos soutos da Serra do Xurés e recuperar os seus castiñeiros- é un proxecto que esixe un compromiso a longo prazo co coidado da árbore apadriñada, non é un compromiso dun día; senón que é un compromiso interxeracional.

Tamén mereceu unha mención especial o traballo realizado pola Fundación Blas Ponte que elaborou unha Guía de boas prácticas paisaxísticas na Terra Chá e que representa unha nova ferramenta para avanzar na divulgación, preservación e valorización da paisaxe.

Aportacións

Aportacións

Tags:


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas e mellor experiencia de uso e navegación. Se continúas a navegar das o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, fai click no enlace para máis información. ACEPTAR