O Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia aposta pola participación pública na elaboración do Catálogo das Paisaxes de Galicia.
Esta iniciativa xorde da profunda convicción de que nin os maiores expertos en paisaxe coñecen tan ben o territorio e todas as paisaxes galegas como as persoas que os habitan. Resulta fundamental contar coa poboación nos procesos de toma de decisións sobre a nosa paisaxe e o noso territorio desde as primeiras etapas. Ésta é unha boa oportunidade para te implicar coa Paisaxe Galega desde esta fase de elaboración do Catalogo das Paisaxes de Galicia.
Precisamos da túa axuda, para que nos aportes o teu coñecemento do territorio e das túas paisaxes cotiás e nos deas a túa opinión acerca das mesmas.