Clasifica con nos a paisaxe galega

Selecciona para cada imaxe a clase ou clases de paisaxe que consideres que mellor a describen.

Explicación das clases
  1. Áreas de matogueira e rochedo. As caracterizadas pola dominancia de áreas de mato ou rochedo non clasificadas como turbeiras ou brezal húmido.
  2. Áreas de turbeira e brezal húmido. Caracterizadas pola dominancia de áreas de turbeira ou brezal húmido.
  3. Áreas de bosque. Caracterizadas pola dominancia de masas de arborado de frondosas caducifolias, baixo a asunción de que son bosques escasamente transformados ou proceden maioritariamente de procesos de revexetación espontánea.
  4. Áreas de agrosistema intensivo (divididas á súa vez en tres subcategorías):

Superficies de cultivo: Áreas caracterizadas pola dominancia de superficies continuas de cultivo ou produción de pastos, sen manchas intercaladas doutro tipo de uso.

Mosaico agroforestal: Caracterizadas por unha mistura complexa de parcelas de repoboación forestal e de cultivo ou prados.

Plantación forestal: Caracterizadas pola dominancia de masas de arborado de especies tipicamente utilizadas para a produción de madeira, fundamentalmente coníferas e eucaliptos.

  1. Áreas de agrosistema extensivo. Áreas caracterizadas pola coexistencia de superficies de cultivo ou pastos con manchas de bosque ou mato.
  2. Áreas de viñedo. Caracterizadas pola dominancia de manchas con máis dun 40 % de cuberta de viñedo.
  3. Áreas de uso urbano. Caracterizadas pola dominancia do uso urbano, residencial ou industrial.
  4. Áreas rururbanas ou de diseminado. Áreas caracterizadas pola coexistencia de manchas clasificadas como de uso urbano con manchas de cultivo ou prados, repoboacións forestais e, ocasionalmente, masas de frondosas caducifolias.
  5. Áreas de uso extractivo. Caracterizadas pola dominancia de superficies de explotación mineira a ceo aberto ou restos desta actividade.
  6. Áreas de protección de conxuntos históricos. Aquelas clasificadas como tales polo planeamento urbanístico.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas e mellor experiencia de uso e navegación. Se continúas a navegar das o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, fai click no enlace para máis información. ACEPTAR