Somos Paisaxe http://somospaisaxe.org Un percorrido para comprender a nosa relación coas paisaxes Tue, 02 Nov 2021 16:26:12 +0000 es-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7.28 78054665 Entrega do Premio Somos Paisaxe 2016 http://somospaisaxe.org/blog/2016/12/06/entrega-do-premio-somos-paisaxe-2016/ Tue, 06 Dec 2016 22:28:00 +0000 http://somospaisaxe.org/?p=18974 Esta pasada semana ven de se recoñecer o traballo impulsado pola Asociación Xuvenil Xuvemprende e a Fundación Blas Ponte de Outeiro de Rei polo impulso ás iniciativas premiadas nesta primeira edición do Primer Somos Paisaxe, que teñen por obxectivo protexer, coidar e poñer en valor as paisaxes de Galicia.

O proxecto gañador, Apadriña un castiñeiro –orientado a devolverlle a vida aos soutos da Serra do Xurés e recuperar os seus castiñeiros- é un proxecto que esixe un compromiso a longo prazo co coidado da árbore apadriñada, non é un compromiso dun día; senón que é un compromiso interxeracional.

Tamén mereceu unha mención especial o traballo realizado pola Fundación Blas Ponte que elaborou unha Guía de boas prácticas paisaxísticas na Terra Chá e que representa unha nova ferramenta para avanzar na divulgación, preservación e valorización da paisaxe.

]]>
18974
A Fundación Galicia Sustentable convoca o premio Somos Paisaxe http://somospaisaxe.org/blog/2016/10/01/a-fundacion-galicia-sustentable-convoca-o-premio-somos-paisaxe/ Sat, 01 Oct 2016 08:05:16 +0000 http://somospaisaxe.org/?p=18961

No marco do programa Somos Paisaxe desenvolvido en colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio, a Fundación Galicia Sustentable convoca a primeira edición do “Premio Somos Paisaxe”.

Este premio quere ser un recoñecemento a iniciativas de índole diversa que teñan feito unha contribución por aproveitar o valor das paisaxes galegas como factor clave para o seu propio desenvolvemento.

A intención é a realización dunha convocatoria anual na que se traslade que a paisaxe é unha cousa cotiá que nos afecta en todos os ámbitos da vida. Para isto, cada edición establecerá unha categoría de iniciativas marcando a temática de cada edición.

Inciativas sociais na edición 2016

A sensibilización para a implicación da poboación coa paisaxe debe ser unha das liñas fundamentais de acción sobre a paisaxe. Esta convocatoria quere recoñecer as iniciativas de acción social e colaborativa pola protección, xestión e/ou posta en valor da paisaxe en xeral ou dunha determinada paisaxe ou elemento en particular.

Nesta edición búscase recoñecer os seguintes aspectos que serán especialmente considerados polo xurado á hora de realizar as súas valoracións das candidaturas presentadas:

  • Impacto social. Valorarase a repercusión e a implicación social que teña acadado a iniciativa. Consideraranse aspectos cuantitativos pero tamén cualitativos tales como a diversidade de axentes implicados.
  • Resultados da iniciativa. Considerarase que a iniciativa teña acadado un resultado inequivocamente identificable como efecto da acción.
  • Convención Europea da Paisaxe. Serán avaliadas en relación coa capacidade para estimular á cidadanía para establecer unha relación perceptiva do propio territorio, e contribuír ao desenvolvemento dunha conciencia colectiva sobre a responsabilidade nos procesos evolutivos da paisaxe e os seus valores, tal e como está previsto no artigo 6 da Convención Europea da Paisaxe.
]]>
18961
Xornada «Bases topográficas e cartográficas: produción e difusión da información xeográfica a nivel nacional, autonómico e local» http://somospaisaxe.org/blog/2016/09/06/xornada-bases-topograficas-e-cartograficas-producion-e-difusion-da-informacion-xeografica-a-nivel-nacional-autonomico-e-local/ Tue, 06 Sep 2016 16:05:24 +0000 http://somospaisaxe.org/?p=18935 A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través do Instituto de Estudos do Territorio, colabora co Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeria Xeomática e Topográfica na organización das xornadas sobre  Bases topográficas e cartográficas: producción e difusión da información xeográfica a nivel nacional, autonómico e local».

O obxetivo da xornada é difundir entre os profesionais, empresas e institucións os avances tecnolóxicos e metodolóxicos que se están a producir nas características das Bases de Datos Xeográficas a nivel nacional, autonómico e local.

Dirixido a profesionais e empresas que realizan traballos sobre o territorio, técnicos de Concellos, Deputacións e administración autonómica así como outros organismos e institucións que traballan con bases topográficas e cartográficas e público en xeral con interese no ámbito da produción e acceso á información geográfica.

Lugar e data de celebración das xornadas:
Fundación Barrié
Cantón Grande, 9 15003, A Coruña
12 de setembro de 2016 de 9:30 a 14:00 h.

Máis información:
Colexio Oficial de Enxeñaría Xeomática e Topográfica –Delegación Territorial de Galicia
Edificio de Usos Múltiples, BCA28
Rúa Copérnico, nº6 Planta baixa, local 2
15008 –A Coruña
Telf./Fax: 981 141 159
Correo electrónico:  galicia@coit-topografia.es  

Inscricións:
Antes do 10 de setembrode 2016 nesta ligazón.

]]>
18935
Sistema de información xeográfica colaborativo de imaxes da paisaxe galega http://somospaisaxe.org/blog/2016/08/11/sistema-de-informacion-xeografica-colaborativo-de-imaxes-da-paisaxe-galega/ Thu, 11 Aug 2016 08:57:16 +0000 http://somospaisaxe.org/?p=18926 No SIX Colaboratiro de Imaxes da Paisaxe Galega (http://mapas.xunta.gal/visores/imaxespaisaxe/), a xente poderá non só ver e localizar fotografías da paisaxe galega, tanto actuais como pasadas, senón que poderá achegar a súa propia visión e perspectiva da paisaxe de Galicia, enviando e compartindo as súas fotografías. Esta iniciativa pode enmarcarse dentro dun fenómeno recente denominado Información Xeográfica Voluntaria ou Participativa (termo acuñado por M. F. Goodchild no ano 2007 nun artigo científico titulado “Cidadáns como sensores: o mundo da xeografía voluntaria”), que consiste en utilizar a web para recoller, catalogar, indexar e distribuír información xeográfica proporcionada voluntariamente por persoas.

Esta ferramenta web, que pretende converterse nun espazo virtual e visual de colaboración da cidadanía, ten unha dobre funcionalidade:

  • A visualización de fotografías de paisaxes de Galicia xeorreferenciadas, o cal quere dicir que o usuario poderá identificar o ámbito xeográfico dende o que foi tomada a imaxe.
  • A participación cidadá a través do envío de fotografías para a súa incorporación ao sistema, así como da valoración e caracterización das paisaxes representadas nas fotografías e, polo tanto, dos diferentes tipos de paisaxe.

A aplicación permite, dende un ordenador ou un dispositivo móbil, preparar un documento para poder achegar as fotografías. Mediante un formulario o usuario pode crear un documento en formato pdf, o cal, acompañado da fotografía, remítese por correo electrónico a paisaxesdegalicia@xunta.gal.

A través do formulario o usuario pode indicar o título da imaxe, o autor, seleccionar o valor máis característico da paisaxe, o lugar de captura da fotografía (obtense automaticamente ao sinalalo no mapa web), unha breve descrición da imaxe, a valoración persoal sobre a paisaxe da fotografía e a data da mesma.

Con este sistema crearase un repositorio de información gráfica e documental sobre a paisaxe galega, que resultará de grande utilidade para a xestión e planificación da paisaxe, xa que facilitará:

  • A análise das dinámicas paisaxísticas e das causas que deron lugar aos diferentes tipos de paisaxe. O obxectivo é que a xente envíe non só imaxes actuais, senón tamén fotografías históricas, o que permitirá o emprego da “fotografía comparativa”, unha técnica habitual en estudos paisaxísticos, consistente na confrontación de imaxes históricas (fotografías, pinturas, gráficos, etc.) coa vista actual para analizar as transformacións da paisaxe.
  • A valoración da paisaxe co fin de identificar lugares de especial interese a protexer ou ámbitos degradados nos que levar a cabo actuacións de recuperación e mellora.
  • A caracterización da paisaxe, xa que o usuario pode indicar o principal valor que, na súa opinión, posúe a paisaxe representada na fotografía (natural, ecolóxico, cultural, patrimonial, perceptivo, panorámico ou de uso). A partir destes datos poderá analizarase o carácter e os valores paisaxísticos de cada unidade de paisaxe, de xeito similar á análise de valores paisaxísticos por tipo de paisaxe realizada no Catálogo das Paisaxes de Galicia, o cal resulta fundamental para determinar a forma en que debe ser xestionada a paisaxe.

Deste xeito, as achegas da cidadanía contribuirán a unha mellor gobernanza da paisaxe, facendo participe á sociedade na elaboración e revisión dos instrumentos de protección, xestión e planificación da paisaxe establecidos na Lei de protección da paisaxe de Galicia.

A importancia deste sistema e da información achegada polos cidadáns deriva da propia definición de paisaxe, establecida no Convenio Europeo da Paisaxe como “unha parte do territorio tal e como é percibida pola poboación”. En resumo, trátase non só dun repositorio gráfico sobre paisaxe senón dun sistema que proporcionará datos para a análise da evolución histórica e o seguimento das dinámicas paisaxísticas actuais, achegando información de gran relevancia para a xestión e planificación da paisaxe. Todo isto incorporando a valoración e a percepción da paisaxe por parte da sociedade, tal e como se establece no Convenio Europeo da Paisaxe.

]]>
18926
Atlas arqueológico da paisaxe galega http://somospaisaxe.org/blog/2016/08/10/atlas-arqueologico-da-paisaxe-galega/ Wed, 10 Aug 2016 16:06:41 +0000 http://somospaisaxe.org/?p=18928 A paisaxe é un produto das formas de ser, de estar, de pensar e de actuar de cada sociedade. A paisaxe galega de hoxe é o resultado das nosas formas de ser, estar, pensar e actuar, mais tamén das daqueles que nos precederon no tempo. Moitas das cousas que consideramos máis características da paisaxe de Galicia son o produto ou o efecto da acción humana, e non só diso que chamamos a Natureza.Este libro é unha especie de atlas arqueolóxico das paisaxes culturais de Galicia, e dicimos «unha especie» porque non é un atlas entendido no sentido convencional de conxunto de mapas; o que fai é describir as diferentes formas da paisaxe que se foron sucedendo ao longo dunha boa parte da historia do que hoxe é Galicia, dende a prehistoria até a época medieval.O relato parte do que coñecemos como paisaxe tradicional para, logo, ir na procura dos seus elementos típicos, xa presentes –ou ausentes– nas paisaxes que o precederon e o foron conformando. Porén, as paisaxes arqueolóxicas son algo que non existe; os seus restos, ou ben se incorporaron en gran medida a formas posteriores de paisaxe, ou ben subxacen relictos e esquecidos baixo estas. Por iso precisamente as chamamos arqueolóxicas.A historia que facemos aquí é unha historia humana do antropoceno, un concepto que vén definir unha nova etapa xeolóxica marcada pola dominación humana dos sistemas da Terra, unha etapa en que a acción sociocultural modifica activamente o mundo e substitúe un medio natural por un medio cultural cada vez máis artificial.Autoras e autores dos textos: Roberto Aboal, Xurxo Ayán Vila, David Barreiro, Paula Ballesteros-Arias, Manuela Costa-Casais, Pastor Fábrega-Álvarez, João Fonte, Camila Gianotti, A. César González-García, Alejandro Güimil Fariña, Elena Lima Olivera, Raquel López Noia, Patricia Mañana-Borrazás, Antonio Martínez-Cortizas, Matilde Millán e Manuel Santos-Estévez.

]]>
18928
PAGUS: Allariz http://somospaisaxe.org/blog/2016/07/14/pagus-allariz/ Thu, 14 Jul 2016 09:44:37 +0000 http://somospaisaxe.org/?p=18919  Texto de Bernardo Varela López, Enxeñeiro de Montes na PAGUS do Proxecto Terra.

A Reserva da Biosfera Área de Allariz (declarada pola UNESCO no 2005), é un territorio de enorme importancia bioxeográfica, xa que é fronteirizo entre as dúas grandes rexións que coexisten na Península Ibérica, a mediterránea e a eurosiberiana.

No concello de Allariz atopamos un factor xeográfico singular que ten marcado o devir do territorio ao longo dos séculos, e segue a ser hoxe motor de desenvolvemento: o Río Arnoia. Entorno a el vertébranse os seus 92 núcleos de poboación dos cales destaca a propia vila de Allariz, pero tamén outros tan singulares como San Salvador dos Penedos e Santa Mariña de Augas Santas e o propio Castro de Armea.

Allariz, que foi Vila e Corte na Baixa Idade Media, obtivo o seu foro no s. XII de mans do rei Afonso VII, chegando a ser un importante centro político e comercial, como o demostra a súa importante xudaría. A presenza xudía deu lugar á lenda de Xan de Arzúa e á Festa do Boi, que se mantén dende 1317.

A súa poboación pasou por momentos de gran pulo, coa construción de casas nobres e o Mosteiro de Santa Clara, na Idade Media, chegando aos 10.000 habitantes na primeira metade do s. XX, relacionados co comercio do liño, e posteriormente coa industria do curtido, da que chegaron a existir 52 fábricas no termo municipal.

Tras isto Allariz, como a maior parte do interior de Galicia amorteceu, vendo marchar os seus fillos camiño da emigración ao longo do s. XX. Cando a poboación xa por pouco superaba os 5.000 habitantes, no 1989, a veciñanza foi quen de poñer en valor o seu patrimonio secular. Empezando polas construcións abandonadas do entorno do Río Arnoia: curtidoiros, muíños, presas. Continuando pola recuperación do seu Casco Histórico, que pasou en moitos casos das silveiras a ser un importante polo de desenvolvemento económico, co seu centro de outlets, locais hostaleiros, e hospedaxes con encanto, espazos de artesanía, etc.

É a aposta decidida por un medio rural que estaba a quedar exánime, poñendo en marcha novas iniciativas como a carne de boi, o Ecoespazo do Rexo, a cervexa artesanal, transformados de castaña, queixo de ovella, rebaños extensivos, etc. Todas elas deron lugar a ilusionantes propostas de futuro, que aproveitan a incontestable contorna natural (sebes, bosque de ribeira e touzas), o seu coidado, e a aposta pola calidade de vida a través dos servizos públicos, o desenvolvemento de actividades etnográficas e culturais, e o dinamismo económico do territorio.

Este conxunto de medidas fixeron remozar a poboación e conqueriron que este concello sexa hoxe un exemplo a seguir, na procura de espazos onde os cidadáns podan desenvolverse dun xeito respectuoso coa súa contorna e con eles mesmos.

]]>
18919
PAGUS: A Limia. Lagoa de Antela http://somospaisaxe.org/blog/2016/07/13/pagus-a-limia-lagoa-de-antela/ Wed, 13 Jul 2016 09:44:44 +0000 http://somospaisaxe.org/?p=18920 Texto de Valerià Paül Carril, Xeógrafo e profesor da Universidade de Santiago de Compostela na PAGUS do Proxecto Terra.

A Limia é unha das poucas chairas extensas de Galicia. Situada a 600 metros de altura, débese ao afundimento dun bloque de relevo que foi colmatado por sedimentos provenientes da erosión fluvial exercida nos bloques erguidos veciños. A peculiaridade limiá é que esa colmatación non foi completa, pois até finais da década de 1950 existiu nesa chaira unha lagoa duns 40 km2, que de feito non era demasiado fonda (só algunhas pozas tiñan máis de 3 m).

Esa lagoa foi destruída a partir da década de 1950, a maior agresión sufrida por unha paisaxe galega na súa integridade. A idea de facela desaparecer non era nova, pois temos evidencias de que en época romana xa se tentara e constan proxectos escritos de desecación cando menos desde a Ilustración (s. XVIII). Se ben as intencións eran obter máis espazo agrícola e impedir as inundacións estacionais que se producían nas marxes da lagoa, a súa devastación comportou a fin dunha paisaxe diversa e rica, que foi acompañada do esquecemento de tradicións, crenzas e lendas que xiraban ao seu redor. Tamén se deu a perda de hábitats de especies animais e vexetais que vivían nela e unha crecente desertificación.

Tradicionalmente, ao redor da lagoa existía unha orla fértil de prados que se asolagaban durante a época de choivas, polo que mantiñan humidade durante a seca. As aldeas estaban afastadas da lagoa e localizábanse na marxe da depresión, resgardadas da auga. No ámbito das aldeas, existía un parcelario de campos pechados por sebes e muros. Non fica practicamente ningún lugar no que esa paisaxe tradicional se conserve, non só a causa da desgraza da lagoa, senón por mor das concentracións parcelarias que se practicaron durante as décadas posteriores, mesmo aínda no s. XXI.

Dunha paisaxe heteroxénea pasouse a unha paisaxe monótona. Na actualidade a antiga lagoa está maioritariamente dedicada á pataca. Trátase dunha actividade económica especializada que sofre arreo nos anos que os prezos son baixos. Asemade, os monocultivos impiden a rexeneración natural do solo, polo que cómpre adubalos con fertilizantes, e precisan de herbicidas e pesticidas. A achega intensiva de xurros e química supuxo unha contaminación xeral do ecosistema limiao, a cal se trasladou augas abaixo do río Limia, ao encoro das Conchas, onde se veñen observando infestacións estacionais de cianobacterias perigosas para a saúde humana.

As actuacións levadas a partir da década de 1950 comportaron a desaparición da maior parte de evidencias de época romana e medieval que existían na antiga lagoa. Mesmo moitos restos arqueolóxicos foron utilizados como recheos nas pozas que deixan as explotacións areeiras, ou na cimentación dos muros das canles de desaugue que se construíron. No entanto, da época medieval fican tres torres perimetrais á lagoa e intervisibles entre si, que están edificadas en outeiros para controlaren o territorio e conforman un conxunto único en Galicia: A Pena, Sandiás e A Porqueira (unha cuarta, a de Celme, afundiu).

]]>
18920
PAGUS: Vigo http://somospaisaxe.org/blog/2016/07/12/pagus-vigo/ Tue, 12 Jul 2016 09:41:24 +0000 http://somospaisaxe.org/?p=18914 Texto de Xosé M. Souto, Xeógrafo e profesor da Universitat de València na PAGUS do Proxecto Terra.

Cando un chega a Vigo por aire, terra ou mar sinte un arrecendo mariño que asolaga os outros sentidos, sobre todo se temos un día de brétema. A ría de Vigo determina a expansión da cidade. Un crecemento un tanto equivocado por mor das presións dos poderes económicos concretos: primeiro foi a expansión portuaria cara ao Areal e logo o impedimento dun planeamento organizado con ideais, como os de Antonio Palacios.

Estos erros do pasado condicionan o caos do presente. A falta de coidado dos recursos mariños esgotou a sardiña xa na altura do inicio do século XX. A ausencia dunha política agraria para o minifundio incidiu na falta de integración do medio periurbano na expansión inmobiliaria de Vigo.

Pero Vigo é o dinamismo da área metropolitana e da expansión polos mares atlánticos da pesca nos grandes caladoiros. Hai moitos Vigos descoñecidos, os que nos levan ata as terras agrarias do Fragoso, as construcións navais da costa, os parques forestais que orlan a cidade e permiten un parque fluvial xunto ao Lagares.

Moitas veces tense falado de Vigo como federación de aldeas. O que se pode apreciar sobre o o municipio é unha morea de lugares que representan unha estrutura tradicional do hábitat galego, aínda que se agravase a dispersión nos últimos decenios, como sucedeu en toda a área metropolitana. Os cultivos de millo, patacas e legumes mostran que foi a paisaxe tradicional do policultivo de subsistencia, que actualmente ten pouco interese económico e ecolóxico.

Esta dispersión de células do hábitat e incluso de vivendas illadas, antano agropecuarias e hoxe chalés con horta e xardín familiar, é consecuencia dunha estratexia do poboamento recente, pero tamén das posibilidades que ofrece unha terra abondosa en auga, cunha oscilación térmica pouco acusada e con pendentes suaves nas ladeiras dos vales.

A vida de Vigo latexa nos corazóns do microtoponimia: O Calvario, Bichita, O Rocío, As Roteas, O Caramuxo… Nomes con moita historia que se recupera coa axuda das persoas que aínda tiveron tempo de camiñar polas rúas da cidade e polas corredoiras das parroquias que compoñen este lugar que lle chamamos Vigo. E Vigo tamén existe nos símbolos de proxección internacional: nas augas da Ría e na abundancia de augas dos ríos e regatos do Val do Fragoso, nas pedras do castelo do Castro, nas igrexas medievais de Bembrive, Castrelos e Coruxo, no clima de matiz mediterráneo no conxunto oceánico simbolizado na oliveira do escudo da cidade. Signos dun pasado que se dinamiza na área metropolitana e na eurorexión de Galicia co Norte de Portugal.

]]>
18914
PAGUS: O Ribeiro http://somospaisaxe.org/blog/2016/07/11/pagus-o-ribeiro/ Mon, 11 Jul 2016 09:38:21 +0000 http://somospaisaxe.org/?p=18911 Texto de Xosé Carballido Presas, Enxeñeiro Técnico Agrícola e Master en Viticultura e Enoloxía na PAGUS do Proxecto Terra.

O Ribeiro é unha bisbarra situada nas ribeiras do Miño e os seus afluentes Avia e Arnoia.

A súa historia está ligada ao cultivo da vide. A diferenza doutras comarcas onde a agricultura era para autosuficiencia e para obter algúns ingresos pola venda de excedentes, as comarcas vitivinícolas dedicaban a práctica totalidade da súa produción á comercialización. Pero esta dependencia do comercio exterior tamén ocasionou crises cíclicas ao longo do tempo.

Os lexionarios romanos do s. III establecerían as primeiras plantacións de viñedo, nas ladeiras dos ríos polo seu microclima e pola facilidade do transporte fluvial. Pero a época esplendorosa dáse no s. X, cando os monxes cistercenses crean o Mosteiro de San Clodio, que sería o xermolo principal do desenvolvemento vitivinícola do Ribeiro. Os montes ordenan o territorio: hortas nas zonas baixas; viñedos a media ladeira; cereais e gando máis arriba e montes comunais nos cumios. Ceden terras aos labregos a cambio dunha parte da colleita. O viño era de gran calidade e xa Afonso X O Sabio fala nas súas cantigas do ”bon vinho d’ourens”.

A expansión do cultivo e a riqueza está ligada a épocas de crecemento demográfico, pola necesidade de man de obra. As pestes e guerras reducían a poboación polas mortes e as levas de mozos para o exército, coas conseguintes crises. As patoloxías da viña ocasionaron outra terrible crise: en 1850 aparece o Oidium, pouco máis tarde o Mildium e a finais do s. XIX a praga da Filoxera que estragou os viñedos, provocando o gran éxodo migratorio de poboación cara a América.

Recupéranse os viñedos enxertando as viníferas europeas sobre patróns americanos ou utilizando híbridos resistentes á filoxera. Pola gran demanda de viño, a uva Palomino (branca) ou Alicante (tinta) substitúen as castes tradicionais, en detrimento da calidade.

A Guerra Civil e a Segunda Guerra Mundial ocasionaron outro duro golpe ao sector, que reacciona buscando fórmulas asociativas. En 1953 inaugúrase a primeira adega cooperativa do Ribeiro. No camiño da calidade, a finais do s. XX reaparecen as variedades brancas clásicas (Treixadura, Torrontés, Loureira, Albariño, etc.) e as tintas (Brancellao, Mencía, Caiño, Sousón, etc.) mediante substitución do viñedo existente, xa que a UE non permite novas plantacións nin o uso de híbridos, para evitar excedentes.

Na actualidade, o crecente abandono pola división hereditaria dos terreos tenta corrixirse mediante concentración parcelaria, cooperativas de cultivos en común ou plantacións en terreos de monte.

No Ribeiro, o concepto “calidade” xa non é suficiente, e hoxe comézase a pensar en “personalidade, singularidade, etc.”, valores inexpropiables e non deslocalizables.

]]>
18911
PAGUS: Ribeira Sacra http://somospaisaxe.org/blog/2016/07/08/pagus-ribeira-sacra/ Fri, 08 Jul 2016 09:35:51 +0000 http://somospaisaxe.org/?p=18910 Texto de Miguel Pazos Otón, Xeógrafo e profesor da Universidade de Santiago de Compostela na PAGUS do Proxecto Terra.

A Ribeira Sacra é unha das paisaxes máis singulares de Galicia. No seu interior, os ríos Miño e Sil conflúen nos Peares. Augas arriba desa unión, tanto o Miño coma o Sil xeran profundos canóns na rocha, a partir dunha fractura tectónica na que despois actuou a erosión fluvial, constituíndo o que se dá en chamar Ribeira Sacra, que en realidade son dúas Ribeiras Sacras. O contraste entre os planos horizontais dos niveis superiores aos canóns e a verticalidade das escarpadas paredes é unha primeira característica que singulariza este mundo. Tamén existe unha oposición marcada entre as vertentes de sollío, polo xeral vitícolas, e as abas de avesedo, habitualmente cubertas de vexetación arbórea. Así pois, a Ribeira Sacra é unha paisaxe heteroxénea, na que abondan os miradoiros que permiten gozosas e variadas panorámicas e perspectivas.

Tanto as ribeiras do Miño coma do Sil presentan unhas condicións climáticas suaves. Grazas ao seu clima matizado, na Ribeira Sacra hai vexetación e cultivos mediterráneos, por exemplo sobreiras e videiras, respectivamente. Para poder conseguir terra apta para o cultivo, o ser humano foi construíndo ao longo dos séculos os famosos socalcos. É a viticultura heroica, como se adoita dicir hoxe en día. A paisaxe da Ribeira Sacra é froito dunha humanización constante, e malia ser acotío (e erroneamente) considerada unha paisaxe natural, non se pode comprender sen a acción antrópica ao longo do tempo.

Outra característica que singulariza a Ribeira Sacra é o seu abondoso patrimonio. Desde a Idade Media, capelas, igrexas, conventos e mosteiros foron organizando esta paisaxe. De feito, o nome da Ribeira Sacra procede das súas connotacións relixiosas, xa que sempre foi un lugar privilexiado para o estabelecemento monástico.

A un lado e a outro do Sil e do Miño, desde Belesar ata os Peares, e desde os Peares augas do Sil arriba, atopamos unha Galicia netamente rural. O illamento físico, en relación cos principais centros urbanos galegos, e a difícil accesibilidade fixeron que a Ribeira Sacra conserve moitas das esencias que comunmente se asocian a Galicia: paisaxes rurais ben mantidas, boa gastronomía, hospitalidade cara ao visitante, etc. Asemade, a estrutura do poboamento e a distribución das aldeas sufriu unha alteración moito menor que noutros espazos con máis dinamismo económico do país.

En pleno século XXI, a Ribeira Sacra proxecta unha dobre imaxe de viño e turismo de calidade. Dunha banda, a constitución da denominación de orixe vitícola en 1997 deu lugar a unha expansión do número de adegas que embotellan viños excelentes, moi prezados no mercado galego e internacional. Un dos máis reputados é o mencía producido na contorna de Amandi. O turismo, pola súa banda, ten óptimas perspectivas de desenvolvemento grazas á diversidade e calidade dos recursos. Deste xeito, a Ribeira Sacra como destino turístico está vencellada á paisaxe, ao patrimonio histórico, á visita de adegas -con catas de viños- e aos catamaráns do Miño e do Sil, unha das actividades preferidas nas visitas a estas terras.

]]>
18910