Paisaxes subxectivas

ESPAZO PARA UNHA DEFINICIÓN COLECTIVA DA PAISAXE GALEGA

Espazo para unha definición colectiva da Paisaxe Galega

Paisaxes Subxectivas é o espazo que Somos Paisaxe ten aberto para participar, opinar e podermos configurar unha definición subxectiva, colectiva e abstracta da Paisaxe de Galega así como unha visión do que nos gustaría que fose. Xoga con nos e divirtete dando resposta nas diferentes opcións de participación.

Ainda que cadaquen pode ter a súa propia percepción, como campo de coñecemento, a paisaxe é un resultado máis ou menos obxectivable dunha dinámica na que interveñen múltiples elementos. Tratando de conxugar percepción subxectiva da poboación co traballo obxectivo do proceso técnico de planeamento da paisaxe que se está a desenvolver en Galicia, consideramos interesante deseñar un espazo de participación entretido e con preguntas e opcións de participación subxectivas que poidan facer unha aportación á hora da participación pública en procesos máis formais.

Axúdanos a asociar as clases de paisaxe

Queremos coñecer o que entendes polas clases de paisaxe coas que está a traballar o Catálogo das Paisaxes de Galicia. Ao acceder a cada clase de paisaxe das que se propoñen a continuación, verás unha serie de fotografías para que identifiques entre elas cales corresponden á esa clase de paisaxe.

Unha idea de participación divulgativa

Paisaxes Subxectivas quere ser un espazo colaborativo para definir e opinar acerca dalgúns dos conceptos clave da paisaxe desde a nosa óptica galega. Para iso temos deseñado seis espazos de interacción diferentes e cunha certa dose de peculiaridade.

Conceptos Colectivos

A través dun debate aberto tratamos de compilar as máis posibles das definicións de determinados aspectos clave da paisaxe desde unha perspectiva galega para posteriormente extraer os elementos comúns tratando de chegar a Conceptos Colectivos.

Galicia Abstracta

Buscamos un perfil abstracto de Galicia con preguntas conceptuais que indagan sobre a cor que mellor representa a Paisaxe Galega, a emoción asociada a unha determinada escena paisaxística,… Coa análise da información recollida trataremos de describir outra forma de ver Galicia.

Rankings das paisaxes galegas

Nesta sección podes realizar a túa valoración temática de determinados elementos e escenas da paisaxe que irán compoñendo os máis diversos rankings das Paisaxes Galegas.

Visión compartida

É a sección propositiva. Trátase de que nos contes o que crees que se pode contribuir á paisaxe galega desde a acción individual, colectiva, pública,…

ÚLTIMA PROPOSTA

Percepcións

Espazo absolutamente discrecional para que nos des a túa opinión acerca de diversos elementos da paisaxe e escenas con relación a determinados aspectos como a súa utilidade, a beleza, a necesidade, a súa importancia,…

ÚLTIMA PROPOSTA

Concurso

A túa paisaxe do outono – Ademáis temos en marcha un concurso de fotografía no que te convidamos a participar para que mostres a túa capacidade de transmitir eses valores que van máis aló do estético nunha paisaxe.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas e mellor experiencia de uso e navegación. Se continúas a navegar das o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, fai click no enlace para máis información. ACEPTAR