Se como din cada un escolle o seu destino, en Galicia hai un que está feito á túa medida. Gústache a arte, a cultura? Ou es dos que prefiren vivir unha aventura en plena natureza? Quizá prefires descansar nun balneario e saíres a saborear o mellor marisco do mundo. En Galicia tes todo iso e moito máis.
Cidades cómodas de percorrer, puxantes e cheas de historia. E tamén rías e praias, espazos naturais, lugares perfectos para unha excursión turística. E os destacados, eses que fan de Galicia un lugar único no mundo.