Tratamos de facer unha contribución para que as persoas tomen consciencia sobre a importancia de los retos que estamos a afrontar desde a paisaxe e o valor estratéxico da mesma como elemento de competitividade para Galicia.
Somos Paisaxe é unha iniciativa de divulgación que trata de achegar as paisaxes e as persoas a través do re-coñecemento dos elementos que as compoñen, a comprensión das súas dinámicas e procesos e a actuación pola posta en valor do carácter competitivo que teñen as Paisaxes Galegas.
Tratamos de facer unha contribución para que as persoas tomen consciencia sobre a importancia de los retos que estamos a afrontar desde a paisaxe e o valor estratéxico da mesma como elemento de competitividade para Galicia.
Entre outras cousas, isto permitirá que a poboación estea máis preparada para participar nos procesos administrativos de participación, cando así se requira, pero especialmente para a toma proactiva de decisións con efectos directos sobre o futuro de Galicia.
A información e a capacitacion son aspectos fundamentais para conseguir un verdadeiro compromiso da cidadanía coa paisaxe. Para acadar esta implicación é fundamental a identificación inequívoca dos obxectivos; ter acceso á información acerca de tódolos aspectos relacionados coa paisaxe; ter a capacidade de entender e interpretar as variables que se manexan; e finalmente que se dean os espazos axeitados para facilitar a participación.
Para empezar o obxecto de traballo afróntase desde a flexibilidade que permite a planificación en fervenza, outorgando a cada momento un determinado alcance. Así, a Estratexia Galega das Paisaxes está baseada en directrices que deben ser implementadas a cada nivel de planificación e xestión mantendo coherencia co marco establecido no nivel de escala superior.
Con isto conseguimos que en cada fase a participación sexa realizada sobre o ámbito de decisión correspondente sen perder o foco de atención en cuestións que veñen establecidas por outros procesos e que non poden ser afrontadas a esta escala de traballo.
Para conseguir a implicación da poboación decidimos achegarnos ao lugar onde se atopa o coñecemento máis concreto e cualitativo respecto á paisaxe, as persoas que os viven. E para iso, no marco da perspectiva pola que optamos teremos que:
Expresar de forma inequívoca os obxectivos estratéxicos pretendidos.
Ofrecer acceso a información acerca de todos os aspectos relacionados.
Interpretar os conceptos globais que se manexan e os seus interrelaciones sistémicas desde unha perspectiva cotiá.
Deseñar espazos adaptados aos intereses de cada perfil de participante.
Recoller e procesar información que en moitos casos é cualitativa.
Devolver como foron consideradas as propostas, tanto as incorporadas á planificación como as desestimadas.