No caso de Galicia ao falar do tema non é posible deixar de citar a Otero Pedrayo, o primeiro autor que describiu as paisaxes galegas dun xeito xeográfico.
Pensaba que pra conseguire unha impresión o máis compreta e vivinte posibre d’unha terra, non hai millor sistema que escolmar unhas poucas paisaxes xeográficas caracuterísticas, como dí no seu traballo Problemas de Xeografía Galega (1927). Neste mesmo traballo define, o que él entendía por paisaxe: … o xogo diario dos variados fautores da terra, da atmósfera, da vida e do home que n’un estado isolado figuran desartellados e privados da dinamicidade da sua realidade de loita e asociación.
Esta relación do home coa terra é vital na paisaxe oteriana.
En Paisajes y Problemas Geográficos de Galicia, (1928) di que en contacto directo y constante con el medio natural, el pueblo trabajador y sensitivo, alejado de la contemplación mística y de la doctrina teológica, anima la naturaleza, la personifica, la siente como un conjunto de presencias reales amigas y enemigas, y a veces transporta a sus creaciones artísticas una viva expresión de paisaje. O traballo a cotío do home, sobor de todo o labrego, aparece condicionado polo medio, que se convirte en determinante: El elemento esencial del paisaje gallego, la roca granítica esquistosa, con su peculiar proceso de erosión, proporciona un determinante al tratamiento arquitectónico. Mais non só é a rocha a causa principal que determina a paisaxe; tamén os solos ou a abundancia de auga teñen un papel importante.