A paisaxe é cousa de todos, así que no marco de traballo a prol dunha Estratexia para as Paisaxes de Galicia, a implicación e a integración de todos os axentes xoga un papel definitivo para unha xestión colectiva e corresponsable. Desde unha perspectiva amplia, a participación debe ser un aspecto máis ao servizo dun obxectivo maior como é a implicación da poboación na planificación e xestión dos activos colectivos, concretamente neste caso: a paisaxe.