Somos Paisaxe | Visión
 

Visión

Unha paisaxe é un espazo que é percibido e poderiamos dicir que a percepción é algo dinámico dado que non todos os observadores perciben o mesmo. Sen embargo a paisaxe non é so percepción é algo máis: é o resultado sempre inestable dunha dinámica na que interveñen elementos bióticos, abióticos e antrópicos. Po iso, si ben é importante o perceptivo na comprensión das paisaxes, parece convinte ir máis aló e entrar tamén na súa dialéctica concreta froito dunha morea de elementos, factores e procesos ao longo do tempo.

Somos Paisaxe xurde para retomar o compromiso e a complicidade da poboación na planificación e xestión dun activo de interese transversal como é a paisaxe.

A paisaxe é cousa de todos, así que no marco dunha estratexia pola paisaxe, a implicación e a integración de todos os axentes xoga un papel definitivo para unha xestión colectiva da paisaxe que creamos colectivamente. A participación pois, debe ser un aspecto máis ao servizo dun obxectivo maior como é a implicación da poboación na planificación e xestión dos activos colectivos, neste caso a paisaxe.

Trátase, en definitiva, de contribuír a crear consciencia sobre a importancia dos retos que temos que afrontar desde a paisaxe como elemento estratéxico de competitividade de forma que a poboación estea máis preparada para participar nos procesos administrativos, cando así se requira, e tamén para a toma proactiva de decisións con efectos directos sobre a xestión da paisaxe.

Para conseguir esta implicación baseámonos nun proceso de tres etapas claramente diferenciadas e cun marcado carácter secuencial xa que saltarse algunha delas pode resultar na nula utilidade das seguintes: coñecer, comprender e actuar.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas e mellor experiencia de uso e navegación. Se continúas a navegar das o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, fai click no enlace para máis información. ACEPTAR