Somos Paisaxe | Concursos
 

Concursos

Bases dos concursos Somos Paisaxe da Fundación Galicia Sustentable

Sorteos e concursos Somos Paisaxe

No marco do programa Somos Paisaxe financiado polo Insitituto de Estudos do Territorio, a Fundación Galicia Sustentable convocará unha serie de premios, concursos e sorteos cos que se pretende activar unha mirada da poboación sobre a paisaxe que transcenda o estético e comunique aspectos relacionados cos valores da paisaxe no desenvolvemento socioeconómico e/ou no benestar dunha sociedade

Concurso A túa Paisaxe do Outono

:Convocatoria aberta do 1 de novembro ao 21 de decembro

No marco do programa Somos Paisaxe financiado polo Instituto de Estudos do Territorio, a Fundación Galicia Sustentable establece o concurso de fotografía A túa paisaxe de Outono co que se pretende activar unha mirada da poboación sobre a paisaxe que transcenda o estético e comunique aspectos relacionados cos valores da paisaxe no desenvolvemento socioeconómico e/ou no benestar dunha sociedade.

Trátase dun concurso amateur aberto a toda a poboación, co que se pretende activar unha mirada sobre a paisaxe que transcenda o estético e comunique aspectos relacionados cos valores da paisaxe no desenvolvemento socioeconómico e/ou no benestar dunha sociedade.

BASES DO CONCURSO A TÚA PAISAXE DO OUTONO

1. Participación.

Estas bases dan cobertura ao concurso de fotografía A túa paisaxe de outono.

Neste concurso poderá participar calquera persoa maior de idade.

As obras serán de autoría individual.

A participación neste concurso supón a aceptación de todas as súas bases.

2. Tema dos traballos.

O tema do concurso é a paisaxe nunha perspectiva ampla que exceda a puramente estético, considerando as súas implicacións para a sociedade, o valor da paisaxe no desenvolvemento de Galicia e á súa capacidade para contribuír a mellorar a calidade de vida da poboación.

Valorarase sobre todo a capacidade do traballo para transmitir distintas percepcións da paisaxe e aspectos non evidentes como o seu carácter sistémico e dinámico da paisaxe.

A modo de inspiración, pódense considerar temas como:

  • As percepcións da paisaxe: como se percibe a paisaxe por distintas persoas ou en distintos momentos.
  • A paisaxe como sistema: a complexidade da paisaxe como sistema.
  • Evolución das paisaxes: a historia das paisaxes e dinamismo a través dos cambios.
  • Paisaxes cotiás: arredor de experiencias simples, observacións da nosa vida cotiá que estean afectadas ou afecten ás paisaxes.

Os traballos poderán ser enviados desde o día 1 de novembro de 2015 e o prazo de recepción dos mesmos rematará o 21 de decembro de 2015.

As resolucións do Xurado comunicarase por correo electrónico ás gañadoras ou gañadores no mes de xaneiro do 2016 e serán publicadas na páxina web http://www.somospaisaxe.org..

A entrega de premios poderá ser realizada nun acto público.

4. Proceso de participación.

Cada participante poderá enviar máis dunha fotografía. As obras presentadas non poderán ter sido premiadas en concursos anteriores. As e os participantes deben posuír todos os dereitos sobre o material presentado.

4.1. Envío de fotografías

Só se admitirán imaxes en formato dixital en alta calidade. As imaxes deberán ter un tamaño mínimo de 1.800×1.800 pixeis. O arquivo non deberá superar os 1,5 MB de tamaño.

As imaxes irán acompañadas dun título, así como dun texto explicativo (máximo 100 palabras) sobre a imaxe, o que representa e a súa relación coa temática do concurso.

As fotografías enviaranse con formato JPG exclusivamente por correo electrónico a participa@galiciasustentable.org indicando no asunto Concurso a túa paisaxe do verán.

Incluiranse no corpo do correo electrónico os datos persoais do autor ou autora (nome e apelidos, data de nacemento, enderezo electrónico, e teléfono) así como o texto explicativo.

As imaxes que non cumpran estes requisitos non serán admitidas.

Cada participante debe posuír todos os dereitos sobre o material presentado.

4.2. Valoración dos traballos

O xurado valorará tanto aspectos paisaxísticos da fotografía presentada como o seu carácter divulgativo para o que se apoiará no texto que acompaña ao traballos.

O fallo do concurso terá lugar durante o mes de xaneito de 2015. A organización comunicará a través da páxina web de Somos Paisaxe e as canles de comunicación asociadas o fallo do concurso. As resolucións do Xurado serán inapelables e o resultado final será irrevogable.

5. Comité Organizador e Xurado.

O Comité Organizador está formado pola coordinación do proxecto de Somos Paisaxe na Fundación Galicia Sustentable.

O Xurado será nomeado polo Comité Organizador e estará formado por persoas relevantes no campo de coñecemento da paisaxe en Galicia.

A presentación das candidaturas supón a conformidade das e dos participantes coas bases.

Calquera cuestión non recollida nelas será resolta a discreción da organización.

As e os participantes comprométense a xustificar a veracidade dos datos que faciliten sobre as candidaturas presentadas.

6. Criterios de valoración, finalistas e recoñecementos.

De entre os traballos presentados a concurso, o xurado fará unha selección das 30 mellores fotografías que serán recoñecidas coa súa impresión e itinerancia como parte da colección Somos Paisaxe. As autoras e autores destes traballos non recibirán ningún tipo de premio individual.

Desta selección de 30 obras o xurado escollerá as 4 obras finalistas. Para iso valorará a calidade artística a orixinalidade e o contido dos relatos e das fotografías, así como a relación coa temática da paisaxe tal e como se describe neste concurso. Terase tamén en conta o texto acompañante, valorándose que presente, de xeito sinxelo e accesible a todos os públicos á paisaxe.

O fallo do concurso terá lugar durante o mes de outubro de 2015. A organización comunicará a través da páxina web de Somos Paisaxe e os canles asociadas, o fallo do concurso.

Os premios poderán declararse desertos. O resultado final será irrevogable.

A organización declina calquera responsabilidade sobre conflitos de propiedade ou cesións de dereitos relativos as candidaturas.

7. Premios

7. 1. Premios do xurado

O primeiro premio do xurado estará dotado cunha cámara de fotos réflex (Canon EOS 100D ou similar)

As e os finalistas recibirán unha cesta de produtos agroalimentarios relacionados coas paisaxes galegas (valorada en 100€).

Todos estes premios estarán acompañados dun diploma acreditativo.

7.1. Premio especial da Fundación Galicia Sustentable

As obras presentadas poderán optar a un premio especial da Fundación Galicia Sustentable, que baseándose nos seus propios criterios de selección, valorará e premiará unha das obras presentadas a concurso pola súa capacidade de transmitir as relacións entre paisaxe e sustentabilidade.

O traballo premiado pola Fundación Galicia Sustentable recibirá como premio unha excursión interpretativa dunha paisaxe galega para dúas persoas.

8. Publicación e exposición

A totalidade dos traballos recibidos serán expostos no portal web www.somospaisaxe.org.

Logo da resolución do concurso, publicarase un libro cunha selección dos mellores relatos presentados ao concurso. Os traballos incluídos na colección Somos Paisaxe formarán parte dunha exposición itinerante que percorrerá distintos lugares de Galicia con finalidade divulgativa.

O Comité Organizador de Somos Paisaxe reservase o dereito de incluír ou excluír traballos de exposición en función das necesidades organizativas que se presenten.

9. Reprodución das obras. Dereitos de imaxe.

De conformidade co previsto na Lei de Propiedade Intelectual, todas e todos os participantes cederán os dereitos en exclusiva de reprodución e difusión das obras presentadas sen necesidade de permiso expreso e sempre que se identifique o nome do autor ou autora.

A propiedade intelectual dos traballos será de cada autor ou autores que desenvolvan estes e en todos os casos a publicación se realizará baixo o nome do autor ou autores do traballo.

Os autores ceden ao Comité Organizador de xeito exclusivo e coa facultade de cesión a terceiros, os dereitos patrimoniais de explotación das obras obxecto do presente concurso.

O Comité Organizador comprométese a exercitar os dereitos de explotación conforme aos bos usos e con rigoroso respecto aos dereitos morais do autor ou autora. O Comité Organizador poderá publicar as obras presentadas co único requisito de facer referencia á autoría e resérvase o dereito de exposición e distribución dos traballos presentados con fins non lucrativos. Esta cesión de dereitos será de ámbito mundial e terá carácter de exclusiva para aqueles participantes cuxas obras sexan seleccionadas para formar parte da colección Somos Paisaxe.

Os anteditos dereitos comprenden a explotación das imaxes, podendo libremente e sen contraprestación económica, proceder á súa reprodución, distribución, comunicación pública e transformación en calquera medio, formato ou soporte coñecidos ou non na actualidade.

Os participantes conceden ao Comité Organizador o dereito a gravar e utilizar a súa imaxe e voz en actos derivados do presente concurso.

10. Aclaracións sobre estas bases

Calquera aclaración, puntualización ou rectificación destas bases farase pública na web http://www.somospaisaxe.org.

Para calquera aclaración poden dirixirse a info@galiciasustentable.org.

Sorteo para a promoción da participación no deseño do Catálogo das Paisaxes.

FINALIZADO: Prazo de inscrición no sorteo ate o 5 de novembro

No marco do programa Somos Paisaxe financiado polo Instituto de Estudos do Territorio, a Fundación Galicia Sustentable establece un sorteo co que se pretende impulsar a participación da poboación en xeral na plataforma SIXWeb para a participación non deseño dos Catálogos da Paisaxe de Galicia.

BASES DO SORTEO

A Fundación Galicia Sustentable, entidade de natureza fundacional, privada e sen ánimo de lucro, con CIF G70193537 e sede social na rúa Antonio Gómez Vílaos, número 7, 15702, Santiago de Compostela, por medio das presentes Bases, baixo a modalidade de SORTEO, entregará 12 noites de aloxamento e almorzo nunha casa rural, unha por cada unha das Áreas Paisaxísticas de Galicia ente as persoas que teñan participado na plataforma de participación https://sixot.es/CatalogosPaisaxe/ (en diante SIXWeb) para a participación non deseño dos Catálogos da Paisaxe que mostren o seu interese por participar e acepten as presentes bases de participación escribindo un email a sorteopaisaxe@galiciasustentable.org co seu usuario na plataforma SIXWeb. O envío deste correo electrónico suporá a aceptación das presentes bases de participación no sorteo. Tamén podes participar a través do formulario web ao que accedes se premes no botón “Participa” que tes á esquerda na túa pantalla.

O sorteo das 12 noites efectuarase o 13 de novembro entre as persoas que teñan participado no proceso de participación para o deseño dos Catálogos da Paisaxe antes do 5 de novembro de 2015.

1. Condicións de participación

Poderán participar no sorteo todas aquelas persoas maiores de 18 anos de calquera nacionalidade que escriban un coreo electrónico a sorteopaisaxe@galiciasustentable.org e que estean correctamente rexistradas na plataforma SIXWeb para o deseño do Catálogo das Paisaxes de Galicia tendo participado coa sinalización de cando menos un punto na antedita plataforma.

No correo electrónico deberán facer constar nome, apelidos, DNI e nome do usuario na plataforma SIXWeb.

Cumpridas estás condicións a súa participación depende da aceptación das presentes bases do sorteo e a política de protección de datos aplicable ao mesmo.

O envío do correo electrónico cos datos solicitados implicará a aceptación das presentes bases.

Unicamente poderá inscribirse unha persoa por usuario da plataforma SIXWeb.

A Fundación Galicia Sustentable reservase o dereito a dar de baixa e expulsar do sorteo a calquera participante que realice mal uso ou abuso da promoción, cancelando a súa participación. Entendese por mal uso o incumprimento de calquera condición de participación incluída nas presentes bases.

2. Obxectivo do sorteo

O obxectivo deste sorteo e impulsar a participación da poboación en xeral na plataforma para o deseño do Catálogo das Paisaxes de Galicia.

3. Mecánica do sorteo

Para participar no concurso é preciso enviar un correo electrónico co seu nome, apelidos, DNI e usuario da plataforma SIXWeb a sorteopaisaxe@galiciasustentable.org.

O envío deste correo electrónico supón a aceptación das presentes bases de participación.

As e os participantes pasarán formar parte dun listado do que se realizarán as extraccións dos gañadores.

4. Prazo de participación

Estas bases estarán vixentes desde a data de publicación na web www.somospaisaxe.org/concursos ate a finalización do proceso de participación no deseño do Catálogo das Paisaxes o 5 de novembro de 2015.

5. Premios

A través deste sorteo repartiranse 12 noites en réxime de aloxamento e almorzo, unha por cada Área Paisaxística de Galicia. Cada premiado recibirá unha desas doce noites. Os premios non son acumulativos, haberá un premio por persoa de tal forma que, as persoas agraciadas cun destes premios serán retiradas da lista de participantes para os seguintes.

As características do premio son: 1 noite de aloxamento para dúas persoas en réxime de aloxamento e almorzo por cada unha das Áreas Paisaxísticas de Galicia: Galicia Central,  Galicia Setentrional, Chairas e Fosas Occidentais, Chairas e Fosas Luguesas, A Mariña/Baixo Eo, Serras Orientais, Serras Surorientais, Ribeiras Encaixadas do Miño e Sil, Chairas e Fosas Ourensás, Costa Sur/Baixo Miño Rías Baixas, Golfo Ártabro (ver mapa en http://somospaisaxe.org/catalogo-paisaxes/).

O premio entregarase de conformidade co seguinte:

  • O premio é intransferible.
  • O premio non se pode trocar por metálico nin por calquera outro premio.
  • A Fundación Galicia Sustentable non se responsabiliza do uso que do premio faga a persoa agraciada e é totalmente allea á prestación derivada do mesmo.
  • Queda prohibida a comercialización e/ou venda do dereito á obtención do premio.
  • Todos os impostos e taxas relacionadas co premio desta promoción ou aqueles gastos adicionais motivados por demora ou neglixencia por parte da persoa gañadora, serán de conta desta, salvo que doutra forma, fose establecido expresamente nas bases.

A Fundación Galicia Sustentable reservase o dereito a modificar o premio por outro de igual ou superior valor promocional de consideralo necesario, comprometéndose en calquera caso a publicar a información a través da páxina web www.somospaisaxe.org/concursos/.

6. Sorteo

O sorteo realizarase o venres 13 de novembro e escolleranse 12 persoas gañadoras e 12 suplentes, un por cada Área Paisaxística.

As persoas suplentes substituirán á gañadora cando a identificación sexa incompleta, incorrecta, se produza renuncia, non se podía localizar ou se detecte incumprimento dalgún dos requisitos esixidos nas presentes bases.

A elección das gañadoras e gañadores realizarase mediante un proceso aleatorio informático na data arriba indicada entre a lista de participantes conformada tal e como se establece nas presentes bases.

A Fundación Galicia Sustentable reserva o dereito a modificar á súa conveniencia a data do sorteo. Neste caso a decisión e a nova data serán publicadas na páxina web www.somospaisaxe.org/concursos/

7. Publicación de gañadoras e gañadores

A comunicación do premio farase mediante correo electrónico á dirección obtida para a súa utilización no sorteo.

A persoa agraciada debe confirmar a aceptación do premio por email no prazo de cinco (5) días laborables seguintes ao envío da comunicación. En caso de ter que dirixirse ás e aos suplentes o procedemento e prazo será o mesmo. De non ter resposta dos suplentes o premio pasará a disposición da Fundación Galicia Sustentable.

8. Aceptación e entrega

Os premios serán entregados en acto público organizado pola Fundación Galicia Sustentable en Santiago de Compostela.

As gañadoras e gañadores autorizan á Fundación Galicia Sustentable a reproducir e utilizar o seu nome, apelidos e imaxe en calquera actividade pública e promocional relacionada con este sorteo, sen que esta utilización confira dereito de remuneración ou beneficio algún a excepción da propia entrega do premio.

O tratamento de datos será adecuado e proporcionado á finalidade de dar a coñecer ás persoas agraciadas como beneficiarias do sorteo.

9. Aceptación das bases

A participación neste sorteo implica a aceptación sen reservas destas bases e as decisión da Fundación Galicia Sustentable no que se refire á resolución de calquera cuestión derivada da aplicación das mesmas.

10. Reclamacións

O período de reclamación sobre o resultado do concurso finalizará pasados quince (15) días naturais desde a data de publicación dos resultados.

11. Modificacion de bases e suspension do sorteo

A Fundación Galicia Sustentable, reservase o dereito a suspender, adiar ou cancelar o presente sorteo en calquera momento anterior ao comezo do mesmo, sempre que existan causas que así o xustifique, así como a modificar as presentes bases, comprometéndose a comunicar as novas bases condicións, suspensión, adiamento ou cancelación no seu caso.

12. Responsabilidades alleas

En caso algún, a Fundación Galicia Sustentable será responsable dos servizos que calquera outra entidade colaboradora, preste ás persoas agraciadas como consecuencia do premio entregado. A responsabilidade da Fundación Galicia Sustentable queda limitada, en exclusiva, á publicación do resultado do concursos segundo se contemplas nestas bases e á entrega do premio ás e aos agraciados co mesmo.

13. Depósito das bases

As bases aparecerán recollidas e dispoñibles ao público en www.somospaisaxe.org/concursos.

14. Aclaracións sobre estas bases.

Calquera aclaración, puntualización ou rectificación destas bases farase pública na web http://www.somospaisaxe.org.

Para calquera aclaración poden dirixirse a info@galiciasustentable.org.

Concurso A túa Paisaxe do Verán

FINALIZADO: Convocatoria aberta do 1 de agosto ao 21 de setembro

No marco do programa Somos Paisaxe desenvolvido en colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio, a Fundación Galicia Sustentable convoca o concurso de fotografía “A Túa Paisaxe do Verán”.

Trátase dun concurso amateur aberto a toda a poboación, co que se pretende activar unha mirada sobre a paisaxe que transcenda o estético e comunique aspectos relacionados cos valores da paisaxe no desenvolvemento socioeconómico e/ou no benestar dunha sociedade.

BASES DO CONCURSO A TÚA PAISAXE DO VERÁN

1. Participación.

Estas bases dan cobertura ao concurso de fotografía A túa paisaxe do verán.

Neste concurso poderá participar calquera persoa maior de idade.

As obras serán de autoría individual.

A participación neste concurso supón a aceptación de todas as súas bases.

2. Tema dos traballos.

O tema do concurso é a paisaxe nunha perspectiva ampla que esceda a puramente estético, considerando as súas implicacións para a sociedade, o valor da paisaxe no desenvolvemento de Galicia e á súa capacidade para contribuir a mellorar a calidade de vida da poboación.

Valorarase sobre todo a capacidade do traballo para transmitir distintas percecpcións da paisaxe e aspectos non evidentes como o seu carácter sistémico e dinámico da paisaxe.

A modo de inspiración, podense considerar temas como:

▪ As percepcións da paisaxe: como se percibe a paisaxe por distintas persoas ou en distintos momentos.

▪ A paisaxe como sistema: a complexidade da paisaxe como sistema.

▪ Evolución das paisaxes: a historia das paisaxes e dinamismo a través dos cambios.

▪ Paisaxes cotiás: arredor de experiencias simples, observacións da nosa vida cotiá que estean afectadas ou afecten ás paisaxes.

3. Prazos.

Os traballos poderán ser enviados desde o día 1 de agosto de 2015 e o prazo de recepción dos mesmos rematará o 21 de setembro de 2015.
As resolucións do Xurado comunicarase por correo electrónico ás gañadoras ou gañadores no mes de outubro do 2015 e serán publicadas na páxina web http://www.somospaisaxe.com.

A entrega de premios poderá ser realizada nun acto público.

4. Proceso de participación.

Cada participante poderá enviar máis dunha fotografía. As obras presentadas non poderán ter sido premiadas en concursos anteriores. As e os participantes deben posuír todos os dereitos sobre o material presentado.

4.1. Envío de fotografías.

Só se admitirán imaxes en formato dixital en alta calidade. As imaxes deberán ter un tamaño mínimo de 1.800×1.800 pixeis. O arquivo non deberá superar os 1,5 MB de tamaño.

As imaxes irán acompañadas dun título, así como dun texto explicativo (máximo 100 palabras) sobre a imaxe, o que representa e a súa relación coa temática do concurso.

As fotografías enviaranse con formato JPG exclusivamente por correo electrónico a participa@galiciasustentable.org indicando no asunto Concurso a túa paisaxe do verán.

Incluiranse no corpo do correo electrónico os datos persoais do autor ou autora (nome e apelidos, data de nacemento, enderezo electrónico, e teléfono) así como o texto explicativo.

As imaxes que non cumpran estes requisitos non serán admitidas.

Cada participante debe posuír todos os dereitos sobre o material presentado.

4.2. Valoración dos traballos

O xurado valorará tanto aspectos paisaxísticos da fotografía presentada como o seu carácter divulgativo para o que se apoiará no texto que acompaña ao traballo.

O fallo do concurso terá lugar durante o mes de outubro de 2015. A organización comunicará a través da páxina web de Somos Paisaxe e as canles de comunicación asociadas o fallo do concurso. As resolucións do Xurado serán inapelables e o resultado final será irrevogable.

5. Comité Organizador e Xurado.

O Comité Organizador está formado pola coordinación do proxecto de Somos Paisaxe na Fundación Galicia Sustentable.

O Xurado será nomeado polo Comité Organizador e estará formado por persoas relevantes no campo de coñecemento da paisaxe en Galicia.

Os nomes do xurado e a súa afiliación serán comunicados unha vez pechada a fase de recepción de traballos.

A presentación das candidaturas supón a conformidade das e dos participantes coas bases.

Calquera cuestión non recollida nelas será resolta a discreción da organización.

As e os participantes comprométense a xustificar a veracidade dos datos que faciliten sobre as candidaturas presentadas.

6. Criterios de valoración, finalistas e recoñecementos.

De entre os traballos presentados a concurso, o xurado fará unha selección das 30 mellores fotografías que serán recoñecidas coa súa impresión e itinerancia como parte da colección Somos Paisaxe. As autoras e autores destes traballos non recibirán ningún tipo de premio individual.

Desta selección de 30 obras o xurado escollerá as 4 obras finalistas. Para iso valorará a calidade artística a orixinalidade e o contido dos relatos e das fotografías, así como a relación coa temática da paisaxe tal e como se describe neste concurso. Terase tamén en conta o texto acompañante, valorándose que presente, de xeito sinxelo e accesible a todos os públicos á paisaxe.

O fallo do concurso terá lugar durante o mes de outubro de 2015. A organización comunicará a través da páxina web de Somos Paisaxe e os canles asociadas, o fallo do concurso.

Os premios poderán declararse desertos. O resultado final será irrevogable.

A organización declina calquera responsabilidade sobre conflitos de propiedade ou cesións de dereitos relativos as candidaturas.

7. Premios.

7.1. Premios do xurado

O primeiro premio do xurado estará dotado cunha cámara de fotos reflex (Canon EOS 100D ou similar)

As e os finalistas recibirán unha cesta de produtos agroalimentarios relacionados coas paisaxes galegas (valorada en 100€).

Todos estes premios estarán acompañados dun diploma acreditativo.

7.2. Premio especial da Fundación Galicia Sustentable

As obras presnetadas poderán optar a un premio especial da Fundación Galicia Sustentable, que baseándose nos seus propios criterios de selección, valorará e premiará unha das obras presentadas a concurso pola súa capacidade de transmitir as relacións entre paisaxe e sustentabilidade.

O traballo premiado pola Fundación Galicia Sustentable recibirá como premio unha excursión interpretativa dunha paisaxe galega para dúas persoas.

8. Publicación e exposición

A totalidade dos traballos recibidos serán expostos no portal web www.somospaisaxe.com.

Logo da resolución do concurso, publicarase un libro cunha selección dos mellores relatos presentados ao concurso. Os traballos incluídos na colección Somos Paisaxe formarán parte dunha exposición itinerante que percorrerá distintos lugares de Galicia con finalidade divulgativa.

O Comité Organizador de Somos Paisaxe reservase o dereito de incluír ou excluír traballos de exposición en función das necesidades organizativas que se presenten.

9. Reprodución das obras. Dereitos de imaxe.

De conformidade co previsto na Lei de Propiedade Intelectual, todas e todos os participantes cederán os dereitos en exclusiva de reprodución e difusión das obras presentadas sen necesidade de permiso expreso e sempre que se identifique o nome do autor ou autora.

A propiedade intelectual dos traballos será de cada autor ou autores que desenvolvan estes e en todos os casos a publicación se realizará baixo o nome do autor ou autores do traballo.

Os autores ceden ao Comité Organizador de xeito exclusivo e coa facultade de cesión a terceiros, os dereitos patrimoniais de explotación das obras obxecto do presente concurso.

O Comité Organizador comprométese a exercitar os dereitos de explotación conforme aos bos usos e con rigoroso respecto aos dereitos morais do autor ou autora. O Comité Organizador poderá publicar as obras presentadas co único requisito de facer referencia á autoría e resérvase o dereito de exposición e distribución dos traballos presentados con fins non lucrativos. Esta cesión de dereitos será de ámbito mundial e terá carácter de exclusiva para aqueles participantes cuxas obras sexan seleccionadas para formar parte da colección Somos Paisaxe.

Os anteditos dereitos comprenden a explotación das imaxes, podendo libremente e sen contraprestación económica, proceder á súa reprodución, distribución, comunicación pública e transformación en calquera medio, formato ou soporte coñecidos ou non na actualidade.

Os participantes conceden ao Comité Organizador o dereito a gravar e utilizar a súa imaxe e voz en actos derivados do presente concurso.

10. Aclaracións sobre estas bases.

Calquera aclaración, puntualización ou rectificación destas bases farase pública na web http://www.somospaisaxe.com.

Para calquera aclaración poden dirixirse a info@galiciasustentable.org.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas e mellor experiencia de uso e navegación. Se continúas a navegar das o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, fai click no enlace para máis información. ACEPTAR