Este «kit de materiais» é unha ferramenta para facilitar que organizacións, axentes sociais e outros colectivos de poboación galega participen no proceso de elaboración do Catálogo das Paisaxes de Galicia.
A intención destes materiais é a de permitir a realización de talleres organizados de forma independente para pasar por un proceso moi sinxelo de identificación e caracterización das paisaxes cotiás no que cada participante poida incorporar todo o seu coñecemento local aos Catálogos da Paisaxe de Galicia.
Estes materiais permiten coñecer e se familiarizar coa plataforma de participación online de forma que agardamos que despois de utilizala nos talleres se dea difusión na contorna para ampliar o alcance deste proceso de participación para o deseño da Paisaxe Galega que queremos.
Nestes dous meses de setembro e outubro estamos a acompañar os talleres do proceso formal de participación pola xeografía galega. Non podemos estar en todas partes pero se queres tentar que asistamos ao teu taller non tes máis que escribir a somospaisaxe@galiciasustentable.org e faremos o posible por vos acompañar nalgún dos vosos talleres.