12 sesións de traballo. Unha por Grande Área Paisaxística. Podes ver o mapa máis abaixo. Polo xeral terán lugar os sábados pola mañá (consultar excepcións) a partirse das 1030h. Despois dunha breve contextualización traballarase na identificación das preferencias paisaxísticas individuáis até ás 1130h que se fará unha pausa-café. Retomará a sesión trabajando con valores paisaxísticos e finalmente identificaranse áreas degradadas, rematando sempre a tempo para volver comer á casa. O traballo realizado nestes talleres pasará a formar parte dos contidos do Catálogo das Paisaxes de Galicia.