06 Dic Entrega do Premio Somos Paisaxe 2016
Esta pasada semana ven de se recoñecer o traballo impulsado pola Asociación Xuvenil Xuvemprende e a Fundación Blas Ponte de Outeiro de Rei polo impulso ás iniciativas premiadas nesta primeira edición do Primer Somos Paisaxe, que teñen por obxectivo protexer, coidar e poñer en valor as paisaxes de Galicia.
O proxecto gañador, Apadriña un castiñeiro –orientado a devolverlle a vida aos soutos da Serra do Xurés e recuperar os seus castiñeiros- é un proxecto que esixe un compromiso a longo prazo co coidado da árbore apadriñada, non é un compromiso dun día; senón que é un compromiso interxeracional.
Tamén mereceu unha mención especial o traballo realizado pola Fundación Blas Ponte que elaborou unha Guía de boas prácticas paisaxísticas na Terra Chá e que representa unha nova ferramenta para avanzar na divulgación, preservación e valorización da paisaxe.