Xornada “Bases topográficas e cartográficas: produción e difusión da información xeográfica a nivel nacional, autonómico e local”

06 Sep Xornada “Bases topográficas e cartográficas: produción e difusión da información xeográfica a nivel nacional, autonómico e local”

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través do Instituto de Estudos do Territorio, colabora co Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeria Xeomática e Topográfica na organización das xornadas sobre  Bases topográficas e cartográficas: producción e difusión da información xeográfica a nivel nacional, autonómico e local”.

O obxetivo da xornada é difundir entre os profesionais, empresas e institucións os avances tecnolóxicos e metodolóxicos que se están a producir nas características das Bases de Datos Xeográficas a nivel nacional, autonómico e local.

Dirixido a profesionais e empresas que realizan traballos sobre o territorio, técnicos de Concellos, Deputacións e administración autonómica así como outros organismos e institucións que traballan con bases topográficas e cartográficas e público en xeral con interese no ámbito da produción e acceso á información geográfica.

Lugar e data de celebración das xornadas:
Fundación Barrié
Cantón Grande, 9 15003, A Coruña
12 de setembro de 2016 de 9:30 a 14:00 h.

Máis información:
Colexio Oficial de Enxeñaría Xeomática e Topográfica –Delegación Territorial de Galicia
Edificio de Usos Múltiples, BCA28
Rúa Copérnico, nº6 Planta baixa, local 2
15008 –A Coruña
Telf./Fax: 981 141 159
Correo electrónico:  galicia@coit-topografia.es  

Inscricións:
Antes do 10 de setembrode 2016 nesta ligazón.

Aportacións

Aportacións



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas e mellor experiencia de uso e navegación. Se continúas a navegar das o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, fai click no enlace para máis información. ACEPTAR