02 Oct A construción do lugar público na natureza a través da paisaxe galega
A terra é o soporte físico e espiritual do pobo galego. Un pobo que adoitamos a distinguir pola súa expresión social e colectiva a través do idioma, a cultura, uns sentimentos e unha filosofía propios; pero que ademais se recoñece a si mesmo a través da propia terra, é dicir dunha realidade física, territorial e natural, e unha paisaxe diferenciadas.
A xeografía, a paisaxe, a historia (incluíndo a economía e organización social) e a cultura galegas son as materias que teñen expresión física no noso medio, modelando ao longo do tempo o noso territorio. Polo tanto a terra, a través do seu soporte físico, que é o territorio intervén tamén na produción ou creación intelectual de formas da nosa arquitectura. A arquitectura galega convértese así, ao ser reflexo da nosa personalidade.
Título: A construción do lugar público na natureza a través da paisaxe galega
Autoría: Beiras García-Sabell, Daniel
Dirección: Alonso Pereira, José Ramón e Martí Arís, Carlos
Centro: Universidade da Coruña. Departamento de Composición
Ano: 2012