06 Oct Ramón Otero Pedrayo : unha narrativa fundacional
Este traballo nace da necesidade de ampliar e revisar os estudos sobre a obra de Ramón Otero Pedrayo pois, de verificarmos o estado da cuestión á hora de avaliar a obra narrativa oteriana, deberemos constatar como, apesar de estar considerado na teoria como unha das máis grandes figuras da nosa Literatura, na prática os estudos a el consagrados son bastante reducidos.
Agora ben, non se trataba simplesmente de revisar e avaliar a obra oteriana, pois, visto asi, iso non deixaria de ser máis que unha posta a ponto, necesária, desde logo, mais non suficiente, sobre a obra deste autor.
Estaba convencida que a obra de Otero é un todo indivisíbel e que a comprensión parcelar desa produción, magnífica en cantidade e cualidade, nen sequer do ponto de vista metodolóxico podia ser considerada de forma independente. ^
Habia algo que parecia unir nun único macrotexto todas as aportacións oterianas no campo da criación literária, asi como tamén as aproximacións investigadoras e divulgadoras que el fixo á nosa História e á nosa cultúra.
Con esa idea, pareceu-me que era o seu un contributo á criación dunha novela fundacional, da verdadeira e atreveria-me a dicer que única, novela fundacional galega.
Título: Ramón Otero Pedrayo : unha narrativa fundacional
Autoría: Fernández Pérez-Sanjulián, Carme
Dirección: Dobarro Paz, Xosé María e García Negro, María Pilar
Centro:Universidade da Coruña. Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Data: 2002