Somos Paisaxe | Guía de Estudos de Impacto e Integración Paisaxística
 

Guía de Estudos de Impacto e Integración Paisaxística

08 Oct Guía de Estudos de Impacto e Integración Paisaxística

O Estudio de Impacto e Integración Paisajísticaes uno de los instrumentos para la protección, gestión y ordenación del paisaje previsto en la ley 7/2008 del 7 de julio de protección del paisaje de Galicia. Así, en todos los proyectos que deban someterse al procedimiento de Declaración de impacto ambiental, según se establece en la legislación sectorial vigente, las entidades promotoras deberán incorporar en el estudio de impacto ambiental un estudio de impacto e integración paisajística (EIIP).

Para que sirve?

Concíbese como un documento específico no que se avaliarán os efectos e impactos que o proxecto pida provocar na paisaxe e, sobre todo, as medidas de integración paisaxística propostas.

Que contidos debe ter?

Segundo o artigo 11.2 da antedita lei da paisaxe, un EIIP deberá conter:

  1. Unha diagnose do estado actual da paisaxe, principais compoñentes, valores paisaxísticos, visibilidade e fraxilidade da paisaxe
  2. As características principais do proxecto
  3. O impacto previsto do proxecto sobre os elementos que configuran a paisaxe
  4. A xustificación de cómo se incorporaron ao proxecto os obxectivos de calidade paisaxística e as determinacións das directrices da paisaxe establecidas para a unidade de paisaxe na que se pretende executar a actuación. O contido deste apartado será preceptivo unha vez que sexan aprobadas tales directrices
  5. Os criterios e as medidas que se deben adoptar para acadar a integración paisaxística do proxecto

A necesidade dunha guía metodolóxica

O EIIP é, polo tanto, un documento novo que se vincula ó procedemento de Declaración de Impacto Ambiental, acompañando ó Estudo de Impacto Ambiental, aínda que con natureza propia e suxeito a informe particular por parte da administración. En consecuencia publícase unha guía coa intención de axudar ós equipos redactores, axilizando os procedementos a través dunha documentación coherente co alcance da actuación e coa capacidade de acollida do territorio.

Descargar a guía

Aportacións

Aportacións



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas e mellor experiencia de uso e navegación. Se continúas a navegar das o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, fai click no enlace para máis información. ACEPTAR