15 Oct San Estevo de Ribas de Miño – Manancial
Moi preto da igrexa románica nace este pequeno manancial, é un dos tantos regatos que une as súas augas ás do Miño durante a súa viaxe. Aínda que o gorgolexo da auga ocupa o primeiro plano nesta gravación, tamén podemos escoitar outros sons estraños dos contornos, sereas afastadas, o ruído da presa, algún reclamo do propio bosque que na noite profunda se entretece coa auga que brota da terra entre raíces de fento e follas de outono.