17 Oct Guía de Boas Prácticas para a Intervención nos Núcleos Rurais
A guía será o instrumento que permita racionalizar o crecemento dos núcleos rurais ofrecendo modelos e alternativas que, sen deixar de ser contemporáneos, conserven e potencien un modelo de asentamento sustentable e respectuoso co medio e a paisaxe.
Que é?
Documento de apoio
- Dirixido a
– Técnicos municipais
– Equipos urbanísticos
– Profesionais que interveñen nos núcleos rurais
- Para
– Buscar equilibrio entre desenvolvemento e conservación
– Integración harmoniosa das novas edificacións no conxunto existente
Por que esta guía?
- É necesario achegar alternativas aos modos de intervención que están a deteriorar o medio rural
- É desexable evitar a dispersión que contribúe, non só ao menoscabo do medio e da paisaxe, senon tamén a un maior gasto en infraestruturas
- É imprescindible a protección dos núcleos singulares e daqueles de interese arqueolóxico, patrimonial ou arquitectónico
Para que é a guía?
Debe servir de axuda para alcanzar solucións de equilibrio no noso desenvolvemento territorial mediante:
- A análise e entendemento dos procesos de ocupación do solo
- A posta en valor dos diferentes e diversos valores patrimoniais e físicos existentes
Achéganse claves interpretativas e criterios sistematizados para intervir dende unha lóxica integradora e de respecto polo medio
Establécense como obxectivo criterios e referencias para a axeitada consecución de:
- A delimitación e as ordenacións urbanísticas dos núcleos rurais
- A localización e implantación da edificación no terreo
- O entendemento dos principios de deseño en relación á construción, renovación ou ampliación de vivendas unifamiliares nos núcleos rurais ou na sua contorna
- A urbanización e acondicionamento do espazo público dos núcleos
- Exemplos de desenvolvemento dun deseño contemporáneo e sustentable