31 Oct Ecocelta, natureza en equilibrio
Adicada á fabricación e comercialización de abonos e sustratos ecolóxicos, esta PEME galega asentada en Ponteareas (Pontevedra) recicla restos orgánicos a través de compostaxe e vermicompostaxe, utilizando miñocas que transforman os restos biolóxicos en compost. Todo iso baixo as premisas que a fraguaron o seu nacemento no 2002: a xestión sustentable para provocar unha natureza en equilibrio.