04 Nov Fonte en Portomarín
Esta gravación é unha mostra de como escoitariamos esta fonte se fósemos peixes e se vivísemos baixo a auga. O hidrófono permite descender ao interior dos espazos acuosos e revelar sonoridades ocultas. Escoitamos como o fío de auga gorgolexa entre os dous hidrófonos, pero tamén escoitamos como produce unha especie de redobre continuo de baixa frecuencia.
Fonte: Carlos Suáres en Escoitar.org