Somos Paisaxe | Territorio, paisaxe e identidade
 

Territorio, paisaxe e identidade

18 Nov Territorio, paisaxe e identidade

En maio de 2005 o Padroado do Museo do Pobo Galego decidiu crear o Instituto de Estudos das Identidades® (IEI), como un departamento do propio Museo. Entre os fins do IEI está o de establecer e desenvolver liñas de investigación e de intervención sociocultural nos diferentes ámbitos que lle son propios ao Museo, con especial atención ao estudo interdisciplinar da identidade galega e da súa interrelación ou comparación con outras identidades. Ao mesmo tempo, preténdese contribuír ao estudo e á formulación de posibles solucións para aqueles problemas que teñan especial relevancia social, estimular a colaboración estable de novos investigadores e técnicos no marco do Museo, e promover a formación en xestión cultural.

En consecuencia con estes fins, o IEI proponse organizar de forma periódica unha serie de foros de debate sobre temas de actualidade.

O primeiro destes foros, baixo o título Territorio, Paisaxe e Identidade, desenvolveuse durante o mes de xaneiro de 2007 e concluíu o 3 de febreiro cunha sesión aberta ao público. No foro someteuse a debate a visión tradicional do territorio e a paisaxe e as modificacións que se están a operar na súa realidade física e na súa percepción social. Partindo de aspectos da realidade como a rápida modificación da paisaxe urbana e rural tanto no seu aspecto físico como no sociocultural e na dimensión simbólica, preténdese chegar a unha formulación do valor da paisaxe e do territorio como elementos constitutivos dese complexo que damos en chamar a identidade galega e das vías axeitadas para a súa proxección de cara ao futuro.

No presente documento preséntanse as conclusións do foro xunto cos materiais de debate.

Descargar o documento (pdf)

Aportacións

Aportacións



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas e mellor experiencia de uso e navegación. Se continúas a navegar das o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, fai click no enlace para máis información. ACEPTAR