21 Nov Antía defende a súa paixón polo rural galego
Antía non se conforma con representar o futuro do rural. Nesta charla dos Parladoiros 2013 de Mercado da Colleita defende cunha forza e seguridade que sorprenden nunha rapaza de 17 anos. Que o rural é presente e que non nos podemos permitir continuar a perder a identidade e a historia que se nos escapa cada vez que unha aldea é abandoada.
Os Parladoiros do Mercado da Colleita son un evento no que divulgar iniciativas de ámbito rural que merecen ser coñecidas.