19 Dic Confluencia dos ríos Miño e Támoga
Brilla o sol nun ceo sen nubes e, con todo, escoitamos o son da choiva na gravación. A explicación destas pingas é o desxeo do sol que quenta as copas das árbores logo dunha noite de intensa xeada. Nesta gravación tamén escoitamos o son da confluencia do Támoga e do Miño, a corrente afastada entre paxaros e algúns refachos de vento que atravesan o bosque.
Por Carlos Suárez en Estoitar.org