Somos Paisaxe | Arquitecturas recicladas de Galicia
 

05 Ene Arquitecturas recicladas de Galicia

Intervir nun edificio xa existente esixe, inevitablemente, tomar postura ante a súa transformación no espazo e no tempo. Ao actuar nunha obra do pasado –remoto ou recente– a miúdo os arquitectos vémonos inmersos nunha estraña ilusión: os edificios semellan albergar en si mesmos a xénese da súa propia transformación, coma se existisen indefinidamente no tempo e no espazo, de maneira que o noso labor consiste, en última instancia, en desvelar a lei que levan implícita.

A cuestión fundamental iníciase co cambio de uso e de programa.

Moitas construcións deixan de ter aplicación ao seu fin primitivo e, a non ser que se trate de monumentos de excepcional mérito, quedan no abandono. E así vanse perdendo en vilas e cidades os valores característicos dos tempos pasados, o aspecto típico que lle fora propio. A monotonía e o gris esténdense por todas partes (…). Un dos procedementos máis acertados, co que se obteñen resultados satisfactorios, é a adaptación daqueles edificios que perderon a súa utilidade primitiva a outro tipo de vida interna. O viño novo fermenta mellor entre madeiras vellas. A vida moderna entre paredes antigas semella distinguirse, mellorarse …»

MARTORELL i TERRATS, J.; “Utilització d’edificis antics per a noves aplicacions”, Catalunya municipal 15. Barcelona 1935.

Máis información

Aportacións

Aportacións



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas e mellor experiencia de uso e navegación. Se continúas a navegar das o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, fai click no enlace para máis información. ACEPTAR