Galicia y Buenos Aires. Documental

12 Ene Galicia y Buenos Aires. Documental

Mostra a agricultura, a gandeiría e a feira de Ponteareas, a romería da Ascensión e a inauguración do local sindical. Película feita para a Sociedad Progresista Hijos de Fornelos y Anexos (Bos Aires) cando a República acababa de chegar, pretende amosar en América as paisaxes e formas de vida galegas. Tenta tamén probar que os aforros enviados pola emigración financiaban infraestrucutras educativas e sociais. Estreouse no Sindicato Agrícola y Ganadero El Progreso, Fornelos da Riveira (Ponteareas, Pontevedra) o 14-6-1931. Restauración: Arquivo da Emigración Galega (Consello da Cultura Galega) e CGAI (1999).


 

Fonte: Culturagalega.org

Aportacións

Aportacións



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas e mellor experiencia de uso e navegación. Se continúas a navegar das o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, fai click no enlace para máis información. ACEPTAR