Clasifica as paisaxes de agrosistemas intensivos

08 Sep Clasifica as paisaxes de agrosistemas intensivos

As áreas de agrosistemas intensivos divídense á súa vez en tres subcategorías:

Superficies de cultivo: Áreas caracterizadas pola dominancia de superficies continuas de cultivo ou produción de pastos, sen manchas intercaladas doutro tipo de uso.

Mosaico agroforestal: Caracterizadas por unha mistura complexa de parcelas de repoboación forestal e de cultivo ou prados.

Plantación forestal: Caracterizadas pola dominancia de masas de arborado de especies tipicamente utilizadas para a produción de madeira, fundamentalmente coníferas e eucaliptos.

Selecciona a imaxe ou as imaxes que mellor representen as áreas de agrosistema intensivo en Galicia. Unha vez identificadas todas as que consideres, preme en "VOTO"

Aportacións

Aportacións



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas e mellor experiencia de uso e navegación. Se continúas a navegar das o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, fai click no enlace para máis información. ACEPTAR