11 Sep Primeiro taller participativo do Catálogo das Paisaxes
O Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia comezou onte o proceso formal de participación pública do catálogo das paisaxes de Galicia cun obradoiro práctico en Santiago de Compostela.
Desde Somos Paisaxe manteremos cumplida información acerca deste procedemento para que vos animedes a participar e aportar o voso coñecemento en forma de achega para acadar unha mellor xestión e protección paisaxística.
Talleres
Coa realización dun taller en cada unha das 12 áreas paisaxísticas nas que se divide Galicia trátase de garantir a equidade espacial no proceso de participación, é dicir, de asegurar a posibilidade de participar á poboación de todos os ámbitos territoriais. Deste xeito, realizáranse un total de doce talleres distribuídos por toda a xeografía galega coa fin de asegurar, na medida do posible, que calquera persoa que desexa participar no proceso poida facelo.
Información acerca dos talleres en Somos Paisaxe >>
Inscricion no teu taller e máis información
Os participantes nestes talleres comprenderán tanto axentes convidados polo seu coñecemento da área paisaxística ou a súa actividade vinculada á xestión da paisaxe, como calquera persoa que desexe asistir e se inscriba na dirección atlaspaisaxe.iet@xunta.es ou chamando aos teléfonos 981541755 / 981541756.
Participa desde a casa
Nestes talleres empregarase unha plataforma web que estará dispoñible para calquera persoa durante os meses de setembro e outubro, coa fin de que as persoas que non poidan asistir aos talleres e desexen participar poidan facelo dende calquera lugar e en calquera momento.