Organiza o teu propio taller de participación no deseño do Catálogo das Paisaxes

30 Sep Organiza o teu propio taller de participación no deseño do Catálogo das Paisaxes

Este “kit de materiais” é unha ferramenta para facilitar que organizacións, axentes sociais e outros colectivos de poboación galega participen no proceso de elaboración do Catálogo das Paisaxes de Galicia.

A intención destes materiais é a de permitir a realización de talleres organizados de forma independente para pasar por un proceso moi sinxelo de identificación e caracterización das paisaxes cotiás no que cada participante poida incorporar todo o seu coñecemento local aos Catálogos da Paisaxe de Galicia.

Estes materiais permiten coñecer e se familiarizar coa plataforma de participación online de forma que agardamos que despois de utilizala nos talleres se dea difusión na contorna para ampliar o alcance deste proceso de participación para o deseño da Paisaxe Galega que queremos.

Materiais para descargar

Aportacións

Aportacións



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas e mellor experiencia de uso e navegación. Se continúas a navegar das o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, fai click no enlace para máis información. ACEPTAR