01 Oct Roteiro interpretativo (Sargadelos)
No Concello de Cervo, mañá venres 2 de outubro faremos un roteiro interpretativo cun percorrido que supón a introdución na paisaxe da Mariña Lucense, dentro da Grande Área Paisaxística A Mariña – Baixo Eo.
O obxectivo final deste percorrido é a comprobación do peso da presenza dun elemento relevante no percorrido, como é a Fábrica de Sargadelos mediatizando a atención dos participantes. A presenza dun elemento extraordinario non impide a convivencia con diversos valores naturais e de uso.
As prazas están xa cubertas para esta ocasión pero se mantés atención a www.somospaisaxe.org moi pronto poderás participar de outras iniciativas semellantes para achegarnos á importancia da Paisaxe máis aló do puramente estético.