Resolución do concurso “A túa paisaxe do Verán”

23 Oct Resolución do concurso “A túa paisaxe do Verán”

A Fundación Galicia Sustentable ven de resolver o concurso de fotografía “A Túa Paisaxe do Verán” como parte dunha estratexia de actividades que pretenden desenvolver unha maior conciencia sobre a nosa responsabilidade individual e colectiva sobre a Paisaxe e o Territorio.

Este concurso de fotografía amateur estivo aberto a toda a poboación durante os meses de verán buscando activar unha mirada sobre a paisaxe que transcenda o estético e comunique aspectos relacionados cos valores da paisaxe no desenvolvemento socioeconómico e/ou no benestar dunha sociedade.

O concurso deséñase no marco do convenio de colaboración entre a Fundación Galicia Sustentable e o Instituto de Estudos do Territorio desenvolve unha actuación conxunta, na procura de activar a participación social e de desenvolver unha maior conciencia sobre a nosa responsabilidade individual e colectiva sobre a Paisaxe e o Territorio.

Gañadora – “Anoitecer na praia da Lanzada” – Luis Dobarro

Finalista – “Pantasmas doutros tempos” – Jose Camilo López

Finalista – “Somos un coa nosa paisaxe” – Pedro Pedroso

Aportacións

Aportacións



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas e mellor experiencia de uso e navegación. Se continúas a navegar das o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, fai click no enlace para máis información. ACEPTAR