Novo concurso de fotografía ” A túa paisaxe de outono”

09 Nov Novo concurso de fotografía ” A túa paisaxe de outono”

Continuando coa proposta de achegar un concepto amplo e dinámico de paisaxe, a Fundación Galicia Sustentable convoca o concurso de fotografía “A Túa Paisaxe do Outono”. Coas mesmas condicións e bases que rexiron o primeiro concurso trátase agora de recoller unha mirada outonal da poboación sobre a paisaxe. A recepción de fotografías permanecerá aberta do 1 de novembro até o 21 de decembro.

O tema do concurso é a paisaxe nunha perspectiva ampla que transcenda ao puramente estético, considerando as súas implicacións para a sociedade, o valor da paisaxe no desenvolvemento de Galicia e á súa capacidade para contribuír a mellorar a calidade de vida da poboación.

Tras a resolución desta segunda convocatoria, continuarase coas seguintes edicións na procura dese carácter dinámico das paisaxes: “A Túa Paisaxe de Inverno” e “A Túa Paisaxe de Primavera”.

Bases de participación en www.somospaisaxe.org/concursos

Aportacións

Aportacións



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas e mellor experiencia de uso e navegación. Se continúas a navegar das o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, fai click no enlace para máis información. ACEPTAR