Concepto de paisaxe no Catálogo das Paisaxes de Galicia

15 Feb Concepto de paisaxe no Catálogo das Paisaxes de Galicia

O concepto de paisaxe é un dos máis polisémicos e poliédricos que exis- ten no ámbito da ordenación e xestión territorial. O seu signi cado de- pende do contexto espacial, social e temporal, así como da disciplina que o utilice ou da cultura onde se aplique.

Pode considerarse que a acepción cientí ca da paisaxe foi introduci- da polo xeógrafo-explorador Humboldt no ano 1849 (Cushman et al., 2009), ao que se lle atribúe a de nición da paisaxe como “o carácter dunha área”, unha de nición breve e concisa pero que implica a con- cepción da paisaxe como un fenómeno holístico que é percibido polos humanos (Antrop, 2013). Esta de nición é acorde con termos como o francés “paysage”, asociado á aparencia especí ca dunha rexión (“país de …”) ou ao termo alemán “landschap”, que fai referencia simultanea- mente á escena paisaxística e a áreas baixo un réxime de administra- ción (Antrop, 2005).

Posteriormente, outros xeógrafos como A. Oppel e S. Passarge introduci- ron o concepto de “ciencia da paisaxe” (“Landschaftskunde” ou “landscape science”). Pronto comezaron a desenvolverse métodos para a descrición e clasi cación da paisaxe a partir da información obtida mediante carto- grafía, fotografía, traballo de campo, bibliografía, etc. A aparición da foto- grafía aérea despois da I Guerra Mundial proporcionou unha nova visión da paisaxe, acorde co seu carácter holístico, como o resultado de patróns complexos cunha xerarquía de escalas e unidades espaciais. Nas décadas dos sesenta e os setenta introducíronse métodos e técnicas máis cuan- titativas baseadas na análise espacial e a xeoestatística. Nos anos 80 ad- quire forza a ecoloxía da paisaxe, cun enfoque integrado e transdiscipli- nar de investigación básica e aplicada, e a nais do século XX e principios do XXI retómase con forza a consideración da paisaxe como patrimonio cultural (Antrop, 2005). Paralelamente desenvolvéronse outros enfoques de investigación paisaxística dende as perspectivas da xeografía históri- ca, a arqueoloxía ou a losofía.

Como resultado dos diferentes enfoques e desenvolvementos teóricos apareceron diversas disciplinas ou sub-disciplinas que abordan o estu- do da paisaxe: a ecoloxía da paisaxe, centrada na relación entre os pa- tróns espaciais de uso do solo e os procesos ecolóxicos; a arquitectura da paisaxe, dedicada ao deseño e plani cación dos espazos públicos e urbanos; a plani cación da paisaxe, vinculada á ordenación territorial; a arqueoloxía da paisaxe, centrada na análise da relación entre o home e a paisaxe ao longo do tempo, etc. Á súa vez, cada unha destas discipli- nas manexa conceptos diversos como: paisaxe cultural, paisaxe histórica, paisaxe pintoresca, paisaxe sostible, paisaxe multifuncional, avaliación do carácter paisaxístico, economía da paisaxe, etc.

O Convenio Europeo da Paisaxe, asinado no ano 2000, supuxo un to na evolución da investigación paisaxística, proporcionando unha de nición amplamente recoñecida e que recolle a diversidade de enfoques ante- riormente descrita ao considerar a paisaxe como “un territorio, tal e como é percibido pola poboación, cuxo carácter é o resultado da acción e inte- racción dos factores naturais e humanos”, a rmando así a importancia da paisaxe como percepción. Esta de nición amplía as de nicións previas que xa existían, como, por exemplo, a de nición de paisaxe cultural da UNESCO (Fowler, 2003) ou a do Comité de Cultura, Patrimonio e Paisaxe do Consello de Europa.

Sen embargo, a translación da de nición do CEP a medidas concretas de xestión e protección da paisaxe non é sempre doada. Con frecuencia a investigación e os estudos paisaxísticos van por detrás da innovación política que representou o propio convenio, polo que non existen meto- doloxías claras que permitan afrontar os obxectivos marcados no mesmo (Conrad et al., 2011).

Gran parte destas di cultades proveñen da complexidade de atopar unha perspectiva da paisaxe na que as diferentes disciplinas académicas concorden e coincidan, xa que cada unha delas aborda o estudio e xes- tión da paisaxe dende unha aproximación epistemolóxica moi diferente. As aproximacións ao concepto de paisaxe son moi amplas e diversas, e non sempre claramente de nidas. Neste sentido, as ciencias naturais e da enxeñería entenden sobre todo a paisaxe a través dos seus aspectos fun- cionais, mentres que as disciplinas do ámbito das ciencias sociais teñen unha visión sobre a paisaxe máis simbólica (Tress et al., 2001), incluso é habitual que dentro de cada disciplina non exista un consenso evidente entre aqueles que entenden a paisaxe como un fenómeno obxectivo e aqueles que a estudan como un fenómeno subxectivo (Price, 1976). Sen embargo, é crecente o recoñecemento da necesidade dun enfoque inte- grado, interdisciplinar e transdisciplinar (Antrop, 2013).

A ecoloxía da paisaxe é unha disciplina relativamente recente que trata de integrar a visión funcional e estrutural da paisaxe. O concepto de pai- saxe no que se asenta de ne a paisaxe como unha área que é espacial- mente heteroxénea en ao menos un factor de interese (Turner, 2005). O obxectivo desta disciplina é a comprensión das interaccións entre a hete- roxeneidade ou patrón espacial e os procesos ecolóxicos, consistindo es- tes patróns na repetición regular dunha serie de elementos paisaxísticos que teñen unhas relacións funcionais, bióticas ou antrópicas entre eles. Deste xeito, o concepto de paisaxe deriva no “patch mosaic paradigm” (Cushman et al., 2009), que permite identi car as paisaxes con patróns de elementos paisaxísticos que se repiten. Este foi o concepto empregado para a de nición das unidades de paisaxe deste catálogo.

Para a de nición das unidades de paisaxe considerouse a paisaxe como unha estrutura xerárquica que contén os seguintes planos: (i) elementos da paisaxe (por exemplo; unha praia, un souto ou un parque industrial), (ii) unidades de paisaxe, que posúen funcións e (iii) rexións paisaxísticas. As unidades de paisaxe realizan certas funcións que os elementos pai- saxísticos por si mesmos non proporcionan. Con isto incídese no feito de que as paisaxes superan amplamente a dimensión dun elemento pai- saxístico, sendo o patrón que se con gura entre os diferentes elementos o único que crea funcións de carácter antrópico ou biótico.

Bastián (2006) e Meyer et al. (2000) proporcionan unha serie de carac- terísticas espaciais e criterios para a diferenciación de ata tres niveis de unidades de paisaxe: elementos da paisaxe, constituídos por un uso do solo; unidades de paisaxe de primeiro nivel, formadas por un mosaico de usos do solo claramente delimitado e dominado por un dos usos; uni- dades de paisaxe de segundo nivel, formadas por mosaicos de usos do solo heteroxéneos e con bordes menos de nidos; e unidades de paisaxe de terceiro nivel ou rexións paisaxísticas. No Catálogo das Paisaxes de

Galicia recóllense unidades de primeiro, segundo e terceiro nivel, corres- pondendo respectivamente ás denominadas “unidades de paisaxe”, “co- marcas paisaxísticas” e “grandes áreas paisaxísticas”.

ANTECEDENTES

Un dos primeiros efectos do CEP, derivado do artigo 6, que fai referencia á identi cación e valoración dos tipos de paisaxe, foi a elaboración de in- ventarios e caracterizacións da paisaxe, resultando en Atlas ou Catálogos de Paisaxe.

Un dos países europeos con maior experiencia na xestión paisaxística é Reino Unido, onde The Countryside Agency desenvolveu nos anos no- venta o método Landscape Character Assessment (LCA) ou método de avaliación do carácter da paisaxe (Scott, 2002), o cal sentou as bases da iniciativa europea European Landscape Character Assessment Initiative (ELCAI), levada a cabo en catorce países europeos. Esta iniciativa analizou as diferentes interpretacións e aplicacións do LCA nos diversos países, así como o enfoque empregado no seu desenvolvemento. En calquera caso, esta metodoloxía utilizouse tanto para o deseño de áreas protexidas (por exemplo, en Dinamarca, Flandes e República Checa), como para o planeamento e xestión paisaxística (por exemplo, en Inglaterra, Escocia, Gales, Alemaña e Países Baixos) e o monitorio e avaliación de elementos paisaxísticos (por exemplo, en Austria). Segundo Wascher (2005) o LCA aplícase fundamentalmente para a caracterización da paisaxe máis que para a súa valoración ou cuali cación.

Un exemplo innovador de aplicación do LCA para a clasi cación dos ti- pos de paisaxe é os sistema LANDMAP (Scott, 2002), utilizado en Gales para a identi cación de áreas paisaxísticas representativas en función de cinco factores correspondentes a información xeolóxica e xeomor- folóxica, visual, sensorial, espiritual, histórica, cultural e ecolóxica, em- pregando información de contexto sobre asentamentos de poboación e uso do solo, e ademais, complementando esta información coa pro- cedente da participación pública. Outros exemplos de aplicación do LCA atópanse en Dinamarca, onde se empregaron criterios biofísicos, culturais e estéticos para de nir unidades de paisaxe a nivel nacional, rexional ou local, combinando métodos automáticos de clasi cación de tipos de paisaxe con consultas a axentes locais; ou en Inglaterra, onde se estableceron tipoloxías paisaxísticas nacionais, constituídas por tipos de paisaxe xerais e individuais, mediante a combinación de información siográ ca, de cuberta do solo e de patróns culturais nun sistema de información xeográ ca.

Entre outras experiencias dos países europeos pode citarse unha moi especí ca, a do Atlas de Paisaxe belga, máis centrado en aspectos cul- turais que nos xeofísicos e bióticos. Neste atlas utilizáronse mapas his- tóricos, imaxes de satélite actuais e información sobre o uso do solo e o seu desenvolvemento histórico para delimitar elementos de paisaxes tradicionais e lugares de referencia coa n de de nir zonas vestixiais. En España publicouse no ano 2003 o “Atlas de los Paisajes de España” (Mata Olmo e Sanz Herraiz, 2003), que representou a primeira caracteri- zación das paisaxes españolas a nivel rexional. Este atlas realiza unha de- limitación de unidades a diferentes escalas distinguindo entre unidades de paisaxe, tipos de paisaxe e asociacións de tipos de paisaxe.

A nivel nacional faise referencia con frecuencia aos Catálogos de Paisaxe de Cataluña, inspirados en diversas experiencias europeas e no método de avaliación do carácter da paisaxe, aínda que tamén se pode mencio- nar o anteproxecto de “Catálogo Abierto de Paisajes Singulares y Sobresa- lientes de la Comunidad Autónoma del País Vasco” ou o “Estudio y Cartogra- fía del Paisaje de Comunidad Autónoma de La Rioja”.

 

Aportacións

Aportacións



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas e mellor experiencia de uso e navegación. Se continúas a navegar das o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, fai click no enlace para máis información. ACEPTAR