Somos Paisaxe | Catálogo das Paisaxes de Galicia – Metodoloxía
 

Catálogo das Paisaxes de Galicia – Metodoloxía

16 Feb Catálogo das Paisaxes de Galicia – Metodoloxía

A metodoloxía proposta tratou de dar resposta, en primeiro lugar, aos contidos básicos do catálogo esixidos pola Lei de Protección da Paisaxe de Galicia, así como á posibilidade, contemplada na lei, de identi car áreas de especial interese paisaxístico. Segundo o artigo 9o da citada lei estes contidos inclúen:

“a) A identi cación dos diferentes tipos de paisaxe que existen en cada área paisaxística.
b) Un inventario dos valores paisaxísticos presentes en cada área pai- saxística, identi cando aqueles ámbitos que en cada área presenten un especial estado de deterioro e que precisen especiais medidas de inter- vención e protección.

c) Unha análise das causas que determinaron a existencia deses tipos de paisaxe, de aquelas que inciden hoxe sobre os elementos da paisaxe, e da súa evolución futura prevista.
d) Unha diagnose do estado actual da paisaxe en cada área paisaxística. e) A delimitación das unidades de paisaxe presentes en cada área, enten- didas como ámbitos territoriais con valores paisaxísticos homoxéneos e coherentes.”

Posteriormente, estes contidos foron ampliados de cara a facilitar o des- eño e xestión das Directrices de Paisaxe, por exemplo, a través da identi- cación de Ámbitos de Especial Atención Paisaxística ou mediante unha precisa análise de visibilidade que proporcionou as zonas de maior ex- posición visual e as de maior potencial de vistas, para o cal se completou unha gran base de datos de miradoiros de toda Galicia.

A premisa básica para o deseño da metodoloxía foi acadar un proce- demento facilmente reproducible, coa idea de que o catálogo fose un instrumento aberto e dinámico, no que os seus resultados e produtos puidesen ser actualizados e mellorados de forma continua. Isto non foi óbice para deseñar unha metodoloxía rigorosa e cunha base cientí ca desenvolvida, tal e como se xusti ca na revisión bibliográ ca que acom- paña a cada unha das técnicas empregadas.

A segunda cuestión á que se concedeu grande importancia no desenvol- vemento dos traballos foi a participación cidadá. A razón que motivou a dedicación de tanto esforzo ao proceso de participación pública radica, principalmente, no feito demostrado de que a implicación da cidadanía no proceso de elaboración dos instrumentos de xestión territorial repercute de xeito positivo no éxito dos mesmos, xa que axuda aos técnicos a identi- car aspectos sensibles, garante a democratización do proceso e asegura a incorporación dos diferentes puntos de vista. A isto hai que engadir a me- llora e ampliación da información dispoñible, ao capturar o coñecemento local e empírico que posúe a poboación e que complementa e contextua- liza o coñecemento especialista. Por este motivo, tratouse de implicar aos cidadáns dende unha etapa temperá do proceso, facendo ademais uso

das novas tecnoloxías coa n de incrementar a capacidade da poboación para expresar as súas opinións e perspectivas sobre a paisaxe.
Como base para a estruturación do catálogo partiuse do Mapa das Gran- des Áreas Paisaxísticas de Galicia, que divide o territorio galego en 12 grandes áreas e 50 comarcas paisaxísticas. Este mapa é o resultado dun traballo previo dirixido polo profesor Augusto Pérez Alberti.

A primeira etapa da metodoloxía consistiu na de nición dos tipos de paisaxe e na delimitación das unidades de paisaxe, tal e como estable- cen os puntos (a) e (e) do artigo 9 da mencionada lei. Coa n de apli- car un procedemento facilmente replicable, que permita a actualización das unidades de paisaxe dun xeito sinxelo a medida que se dispoña de información territorial máis recente (por exemplo, unha vez rematado o mapa de ocupación de solo do SIOSE 2014 que está actualmente en desenvolvemento), optouse por un método semiautomático de análise espacial e estatística, baseado na combinación de mapas de formas do terreo, ocupación do solo e bioclima. Trátase dun sistema de clasi ca- ción da paisaxe similar ao descrito por Brown e Brabyn (2012), quenes lle atribúen a ventaxa de constituír un marco de referencia que mellora a e ciencia da investigación paisaxística rexional, así como de axudar á interpretación dos resultados ao proporcionar estatísticas de super cie total e abundancia relativa de cada tipo de paisaxe. Posteriormente, e dada a estreita vinculación entre a paisaxe e o patrimonio cultural, as uni- dades de paisaxe foron caracterizadas en función do patrimonio cultural coñecido nas mesmas.

O inventario de valores paisaxísticos establecido no punto 9.b da lei foi abordado dende tres frontes. Nunha primeira aproximación, elaborouse a cartografía de valores paisaxísticos inventariados mediante a recompila- ción e análise de información xeográ ca xa existente, así como a través da elaboración ou xeorreferenciación de fontes documentais ou inventarios publicamente accesibles. Esta información foi revisada e complementada por dúas vías: o panel de expertos e o proceso de participación pública. Como se mencionou anteriormente, un dos principais produtos do ca- tálogo é a delimitación de Áreas de Especial Interese Paisaxístico (AEIP), de nidas como aquelas zonas xeográ cas nas que concorren diversos e notables valores paisaxísticos. Os criterios para esta delimitación tiveron, tamén neste caso, unha tripe orixe: a preselección de lugares de interese paisaxístico polo equipo técnico a partir de múltiples fontes, a identi – cación destes lugares pola cidadanía durante o proceso de participación pública e a análise e superposición dos mapas de valores paisaxísticos. Unha análise incluída a maiores no catálogo foi a determinación das zonas de visibilidade estratéxica, tanto das zonas de maior exposición visual, nas que as actuacións sobre o territorio terán un maior impacto na paisaxe percibida habitualmente pola poboación, como das zonas de maior potencial de vistas, caracterizadas por ser o lugar de orixe de vistas de calidade e/ou de amplas extensións do territorio.

Finalmente, a análise das relacións entre as características territoriais e socioeconómicas de cada grande área e os tipos de paisaxe existentes nas mesmas, combinada coa caracterización dos valores paisaxísticos de cada unha delas, levou á diagnose da orixe e estado actual das paisaxes máis representativas da área.

Ler máis

Aportacións

Aportacións



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas e mellor experiencia de uso e navegación. Se continúas a navegar das o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, fai click no enlace para máis información. ACEPTAR