Grande Área Paisagística das Serras Orientais – Catálogo das Paisaxes de Galicia

17 Feb Grande Área Paisagística das Serras Orientais – Catálogo das Paisaxes de Galicia

Esta área ocupa parcial ou totalmente os concellos da Pontenova, Rio- torto, Meira, Ribeira de Piquín, Baleira, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Baralla, Becerreá, Navia de Suarna, Láncara, Triacastela, As Nogais, Cer- vantes, O Incio, Samos, Pedra ta do Cebreiro, A Pobra do Brollón, Fol- goso do Courel e Quiroga. Para os efectos da catalogación subdivídese en dúas comarcas paisaxísticas: Os Ancares-A Fonsagrada no norte e O Courel, O Incio e Samos-Triacastela no sur.

A área paisaxística Serras Orientais con gura unha super cie de algo máis de 249.000 ha, na que se inclúen as principais estribacións monta- ñosas do leste de Galicia. Esta área queda delimitada polo leste co lími- te autonómico entre Galicia e Castela e León e Asturias, polo sur co val do río Sil, polo norte co val do río Eo, e polo oeste contacta con amplos vales uviais (Cabe, Neira, Miño) e estribacións montañosas (Montes da Albela, Serra de Puñago, Serra do Mirador). Por tanto, dentro desta zona quedarían incluídos os principais montes e serras situados nas porcións nororiental e centro-oriental de Galicia: Serra de Foncuberta, Serra do Pozo, Serra de Meira, Serra dos Ancares, Serra do Courel, Serra de Lóuza- ra, Montes da Trapa, Serra do Oribio, Serra do Portelo. Son áreas de media e alta montaña situadas no extremo occidental da Cordilleira Cantábrica.

Ler máis

Aportacións

Aportacións



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas e mellor experiencia de uso e navegación. Se continúas a navegar das o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, fai click no enlace para máis información. ACEPTAR