Serras Surorientais – Catálogo das Paisaxes de Galicia

18 Feb Serras Surorientais – Catálogo das Paisaxes de Galicia

Para os efectos da catalogación paisaxística subdivídese en tres comar- cas paisaxísticas: Terra de Trives, Terra do Bolo e A Gudiña-Ríos. A comar- ca de Terra de Trives ocupa os concellos de Chandrexa da Queixa, A Pobra de Trives, Manzaneda, Vilariño de Conxo e parcialmente Laza, Castrelo de Val, San Xoan de Río, Montederramo e Viana do Bolo. A comarca de Terra do Bolo ocupa parcial ou totalmente os concellos de Carballeda de Valdeorras, A Veiga, Viana do Bolo e O Bolo. A comarca de A Gudiña-Riós ocupa parcial ou totalmente os concellos de A Gudiña, Riós, A Mezquita, Vilardevós e Castrelo de Val.

Serras Surorientais con gura unha super cie de algo máis de 249.000 ha na porción suroriental galega. O val do río Sil limita polo norte e de ne o ámbito das serras situadas máis ao sueste de Galicia. O límite occidental queda marcado nun percorrido de norte a sur polo Fial das Corzas, ao nordeste de Laza, e polos Montes do Invernadoiro ou as elevacións avan- zadas das serras de Queixa e San Mamede, que delimitan o perímetro das terras baixas de Laza, Castrelo do Val e Riós, ata acadar o contorno da serra das Penas Libres por Vilardevós, no extremo sur desta área, marcan- do xa a fronteira con Portugal coa serra da Coroa. Polo leste o límite da área coincide co límite da comunidade autónoma e queda sinalado polo macizo de Pena Trevinca, que engloba as serras do Eixe e a Segundeira.

Ler máis

Aportacións

Aportacións



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas e mellor experiencia de uso e navegación. Se continúas a navegar das o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, fai click no enlace para máis información. ACEPTAR