
23 Feb Ribeiras Encaixadas do Miño e do Sil – Catálogo das Paisaxes de Galicia
Para os efectos da catalogación paisaxística subdivídese en cinco co- marcas paisaxísticas: Ribeira Sacra Miñota, O Ribeiro, Fosa de Ourense, Ribeira Sacra Silense e Valdeorras. A comarca Ribeira Sacra Miñota ocu- pa parcial ou totalmente os concellos de Guntín, Portomarín, O Páramo, Paradela, Taboada, Chantada, Carballedo, O Saviñao e Pantón. A comarca do Ribeiro comprende os concellos de Leiro, San Amaro, Punxín, Amoei- ro, Beade, Carballeda de Avia, Ribadavia, Melón, Cenlle, Castrelo de Miño, A Arnoia e Cartelle. A comarca Fosa de Ourense inclúe os concellos de San Cristovo de Cea, Vilamarín, A Peroxa, Amoeiro, Coles, Nogueira de Ramuín, Ourense, Toén, Barbadás, Pereiro de Aguiar, Esgos, San Cibrao das Viñas, Taboadela, A Merca e Paderne. A comarca Ribeira Sacra Silense abarca os concellos de Pantón, Sober, Monforte de Lemos, Ribas de Sil, Parada de Sil, A Teixeira e Castro Caldelas. A comarca Valdeorras com- prende os concellos de Quiroga, A Rúa, Vilamarín de Valdeorras, O Barco de Valdeorras, Rubiá, Carballeda de Valdeorras, Larouco e Petín.
A Grande Área Paisaxística (GAP) Ribeiras Encaixadas do Miño e do Sil con- gura unha heteroxénea super cie de algo máis de 247.000 ha. Esta área abrangue a bacía media do Miño, tanto na súa parte lucense como na ourensá, así como o val do río Sil dende a súa entrada no territorio galego ata a súa con uencia co Sil. A delimitación desta área abrangue dende as áreas máis baixas dos vales uviais, ata as divisorias que forman os rebor- des montañosos destes vales, de xeito que se inclúen cordais como Serra da Enciña da Lastra, Serra de Vilamartín, o sector meridional do Courel, Montes de San Paio, Monte Acebedo, Monte Meda e Monte Cerengo.
A denominación e localización destas comarcas está moi vinculada aos territorios adscritos ás diferentes denominacións de orixe dos viños si- tuadas no curso dos ríos Sil e Miño medio. O territorio de Valdeorras co- rresponde ao contorno do val do Sil dende a súa entrada na provincia de Ourense. As comarcas da Ribeira Sacra abarcan unha serie de concellos estendidos ao longo dos vales do Sil e Miño entre as provincias de Lugo e Ourense, xusto antes da súa con uencia. O ámbito do Ribeiro situase no tramo posterior do Miño, pouco antes de posicionarse na fronteira con Portugal.