Costa Sur/Baixo Miño – Catálogo das Paisaxes de Galicia

24 Feb Costa Sur/Baixo Miño – Catálogo das Paisaxes de Galicia

Para os efectos da catalogación paisaxística subdivídese en tres comar- cas paisaxísticas: Costa Sur-Baixo Miño Litoral, Baixo Miño Interior e O Condado-A Paradanta. Ocupa parcial ou totalmente os concellos de Oia, O Rosal, A Guarda, Tomiño, Tui, O Porriño, Mos, Mondariz, Mondariz Bal- neario, Ponteareas, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Covelo, A Ca- ñiza, As Neves, Arbo, Crecente, Cortegada e Padrenda.

A Gran Área Paisaxística (GAP) Costa Sur-Baixo Miño inclúe o litoral su- roccidental de Galicia, así como a cunca baixa do río Miño, abranguendo unha super cie de máis de 118.000 ha, situada entre o Océano Atlántico ao oeste e o Cabo Silleiro, o río Miño ao sur e leste, e diversas estriba- cións montañosas ao norte que conforman o reborde da cunca do Miño no seu tramo nal (Serra do Faro de Avión, Serra do Suído, Coto da Eira, Monte Pombal, Serra do Galiñeiro e Serra da Groba). Resulta polo tanto unha zona que abrangue áreas propias do dominio litoral (cantís, praias, dunas, rías, marismas, etc.), dos vales sublitorais do litoral atlántico, dos vales interiores e das serras galegas.

Ler máis

Aportacións

Aportacións



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas e mellor experiencia de uso e navegación. Se continúas a navegar das o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, fai click no enlace para máis información. ACEPTAR