Galicia Central – Catálogo das Paisaxes de Galicia

25 Feb Galicia Central – Catálogo das Paisaxes de Galicia

Esta área ocupa parcial ou totalmente os concellos de Oza-Cesuras, Aran- ga, Cerceda, Tordoia, Ordes, Mesía, Curtis, Trazo, Oroso, Frades, Vilasan- tar, Sobrado, Val do Dubra, A Baña, Negreira, Ames, Santiago de Com- postela, O Pino, Arzúa, Boimorto, Toques, Brión, Rois, Padrón, Teo, Vedra, Boqueixón, Touro, Vila de Cruces, Melide, Santiso, Agolada, A Estrada, Silleda, Lalín, Rodeiro, Dozón, Forcarei, Beariz, Avión, O Irixo, Boborás, Pi- ñor, O Carballino, San Cristovo de Cea, Leiro e Maside. Para os efectos da catalogación subdivídese en oito comarcas paisaxísticas: Terra de Ordes, Terra de Santiago-A Barcala, Terra de Melide-Arzúa, Tabeirós, A Ulloa, Te- rra de Montes-Alto Lerez, Deza e O Carballiño. As descricións apóianse nas comarcas paisaxísticas para poder abordar correctamente a grande área que ocupa.

A Grande Área Paisaxística (GAP) Galicia Central con gura unha extensa super cie de máis de 515.000 ha, o que representa o 17 % da super cie continental de Galicia. Esta ampla área paisaxística, a de maior vagantío, que se inscribe na chamada penechaira galega sitúase entre as provin- cias da Coruña e Pontevedra, abranguendo algúns sectores das provin- cias de Lugo e Ourense. Nesta extensa super cie inclúese unha heteroxé- nea variedade de situacións, abranguendo grandes vales sublitorais das cuncas do Tambre e do Ulla, parte do val interior do río Miño na cunca alta do río Avia, así como estribacións montañosas da Dorsal Galega.

O seu perímetro oriental vén referenciado polas serras centro-occiden- tais, que constitúen unha especie de columna vertebral do territorio galego, estendéndose nunha aliñación de norte a sur, separando as provincias atlánticas das do interior (dende Estaca de Bares e a Serra da Faladoira ata o Suído e os Montes da Paradanta, na ribeira do Miño). A dorsal interrómpese co curso do Ulla, o que permite integrar nesta área a comarca da Ulloa da provincia de Lugo ao leste deste eixo. A dorsal cam- bia a orientación cara ao suroeste coas serras do Suído e Testeiro, de xeito que se introduce na provincia de Ourense para incorporar a comarca do Carballiño. Polo noroeste, as serras de Soneira e de Montemaior, os mon- tes do Xalo e de Tieira fan de separación das áreas litorais. Polo suroeste, algunhas elevacións de menor entidade de nen o perímetro, alternando cos vales que ltran os cursos de auga que regan este territorio antes de adentrarse nas rías baixas.

Ler máis

Aportacións

Aportacións



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas e mellor experiencia de uso e navegación. Se continúas a navegar das o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, fai click no enlace para máis información. ACEPTAR