A Mariña/Baixo Eo – Catálogo das Paisaxes de Galicia

03 Mar A Mariña/Baixo Eo – Catálogo das Paisaxes de Galicia

Esta área ocupa parcial ou totalmente os concellos de Xove, Cervo, Bu- rela, Foz, Barreiros, Ribadeo, O Valadouro, Alfoz, Abadín, Mondoñedo, Lourenzá, Trabada, A Pastoriza, Riotorto e A Pontenova. Para os efectos da catalogación subdivídese en dúas comarcas paisaxísticas: A Mariña- Baixo Eo Litoral e A Mariña-Baixo Eo Interior. A primeira agrupa todo o tramo de costa da área e a segunda os vales do interior.

A área paisaxística A Mariña-Baixo Eo con gura unha super cie de algo máis de 92.000 ha, na que se inclúe o litoral e sublitoral do noreste de Galicia. A delimitación polo norte vén dada pola liña de costa, de oeste a este, dende Punta Roncadoira ata o límite de Galicia polo leste, na que os accidentes máis característicos son a ría do Masma e a do Eo, que pecha a área polo leste. A delimitación polo sur é sinalada, de occidente a orien- te, polas serras do Buio, do Xistral, da Toxiza, o Monte do Pico, a Serra de Lourenza, do Pousadoiro e os montes setentrionais das serras orientais galegas ata chegar ao límite leste que toma o curso do Eo ata a desem- bocadura na ría de Ribadeo.

Ler máis

Aportacións

Aportacións



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que teñas e mellor experiencia de uso e navegación. Se continúas a navegar das o teu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, fai click no enlace para máis información. ACEPTAR