
04 Mar Chairas e Fosas Occidentais – Catálogo das Paisaxes de Galicia
Esta área ocupa parcial ou totalmente os concellos de Arteixo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Carballo, A Laracha, Cerceda, Cabana de Ber- gantiños Coristanco, Tordoia, Laxe, Camariñas, Vimianzo, Zas, Santa Com- ba, Muxía, Fisterra, Cee, Dumbría, Corcubión, Mazaricos, Outes, Carnota e Muros. Para os efectos da catalogación subdivídese en seis comarcas paisaxísticas: Arco Bergantiñán, Bergantiños, Costa da Morte, Terra de So- neira, Terra de Fisterra e Terra de Xallas.
A Grande Área Paisaxística (GAP) Chairas e Fosas Occidentais sitúase na zona noroeste da Comunidade Autónoma, no litoral Atlántico entre Gol- fo Ártabro e Rías Baixas, abarcando unha super cie de máis de 207.000 ha. Comprende este ámbito o contorno territorial situado no extremo noroccidental de Galicia, entre Punta Langosteira e Punta Carreiro, polo borde litoral. O aliñamento nordeste-suroeste da Serra de Montemaior e a súa prolongación pola de Soneira van marcando, ao longo da divi- soria de augas dos seus cumes, o borde interior e formando a división respecto de Galicia Central e Rías Baixas. Resulta polo tanto unha zona que abrangue áreas propias do dominio litoral (cantís, praias, dunas, rías, marismas, etc.), así como vales sublitorais situados cara ao interior.